leoeosseus

venres, 27 de marzo de 2009

Trinta meses


Hoxe o Leo fai trinta meses; cando se calcula que falta un mes para que chegue Xiana.
O Leo está algo mimento e empeza a facer trasnadas como meter tres " uvedés " ( DVD´s) na ranura do aparato ou mover testos da avoaM. Ten a cara con marcas da gardería que non deixa curar porque foza nelas para durmir. Como se fose pouco ten outra marca no nariz e bigode dun golpe que deu contra unha mesa.
Ten días malos que non quere estar só e que protesta por todo e non come ou come trapalladas e ten outros días bós que é un encanto e ri e xoga feliz.
Queremos que deixe os cueiros pero el segue coas súas. O outro día queriamos que mexase e el fixo o ruido " pssss " coa boca pero nada; iso si, aos cinco minutos mexou pola perneira abaixo. Haberá que seguir intentándoo.
E así vai o cativo.

Etiquetas:

15 comentarios:

Ás 27/03/09, 09:48 , Anonymous Anónimo dixo...

O de deixar os cueiros creo que é todo un proceso no que se hai que armar de paciencia.
Está estupendo.

 
Ás 27/03/09, 09:56 , Blogger Antón de Muros dixo...

Parabéns para o rapaz e saúde para toda a familia :-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 27/03/09, 10:11 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Cantas cousas parecidas che pasan como a mín. Teñen días marabillosos e outros que sacan a un de quicio. O dos cueiros é un suplicio, a miña pequena (e iso que ten 8 meses máis), non hai forma de sacarllos, pola perneira xa o fixo varias veces.

En fin, teremos que ter paciencia.

 
Ás 27/03/09, 10:50 , Blogger pablo gonzalez dixo...

30 meses¡

Polos golpes so podo dicir que os meus ás veces dábame vergoña deixalos na gardería por se me denunciaban por malos tratos. Cheguei á conclusión de que prefería velos chorar un rato antes que parados todo o día e non son quen de atopalo punto medio. Así que ata que non espabilaron, parecían sacados dunha guerra.

Polos cueiros, so pódese dicir "sorte" e conta os pantalóns que usa o pequeno cada día. Cando baixas de tres xa está "logrado".

 
Ás 27/03/09, 13:05 , Blogger Barreira dixo...

Pasa o tempo, moi rapido. Tan rápido que cando un se da conta xa non mexa por él e xa pide moeda nacional para ir de juerga toda a noite.
Saudos e paciencia.

 
Ás 27/03/09, 13:41 , Blogger LM dixo...

cada rapaz tem um tempo e nom convem apurar-lho aliás agora com a chegada da irmá...
encánta-me como de "experiencias" que podem parecer a fim do mundo lhe sacas o orgulho paterno ;-D
beijos

 
Ás 27/03/09, 14:31 , Blogger Moraima dixo...

Como pasa o tempo, aínda parece que foi onte cando nos deches a noticia da irmá do Leo, e hoxe xa queda arredor dun mes... e o Leiño segue medrando moi rápido!

E co dos cueiros... paciencia!! ;)

 
Ás 27/03/09, 18:09 , Blogger Merce dixo...

Tocavos unha epoca de moita paciencia, ainda non chegou a cativiña e axiña estará ahí. Pouco a pouco, os rapaces teñen unha grande habilidade para sorprendernos, Leo ainda e moi pequeno, faille falta tempo. Pouco a pouco, xa veredes!

Biquiños.

 
Ás 27/03/09, 20:31 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Él xa nota que pronto vira Xiana.

 
Ás 28/03/09, 10:10 , Anonymous Anónimo dixo...

paciencia cos cueiros, que non é tan tarde; iso de día, porque de noite a cousa será máis lenta. o que fixemos coa señorita kaplan (de noite, poque de día foi ela soa, e moi pronto) foi marcar nun calendario cun círculo os días que acordaba seca; cada 5 círculos, 1 conto ou unha visita ao videoclube a coller o que ela quixese. Proben a ver.

 
Ás 30/03/09, 16:51 , Anonymous Anónimo dixo...

Que grande e guapo está Leo!!!!!! Parabéns pola doce agarda!

Mrs. Doyle

 
Ás 30/03/09, 17:21 , Blogger rui dixo...

E a manter o equilibrio coa chegada da irmanciña! Pódelle ser duro pero é a aprendizaxe da vida. O caso é que non haxa príncipe destronado senon trono compartido.
biquiños para o Leo.

 
Ás 30/03/09, 18:04 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Caramba o tempo corre dun xeito..., fai nada que naceu Leo e xa está enorme e nun plis chega Xiana...

Unha aperta.
:)

 
Ás 02/04/09, 02:08 , Anonymous Paquito de Penas dixo...

o que tes que ir facendo é armándote de boa paciencia para cando escomence a preguntar o porque das cousas, como se parece ao pai :-)

 
Ás 04/04/09, 12:56 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Paciencia papás. Os ciumes do neno maior son inevitables cando peta á porta un irmán.
Gustaríame decirvos que despois todo mellora; pero...jajajajaja irán xurdindo outros problemas!!! (que malo son)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio