Zurba
O outro día pensei nel e hoxe cruzouse por nós por Vilaguindastre adiante. É pouco maior ca min pero mantense mui xuvenil. Ata hai pouco sempre ía sorrindo e fumando e cun pantalón de peto. No instituto chamábanlle Zurba e era calado e debuxaba ben, creo lembrar. Non sei que lle pasou pero non se integrou no mundo real adulto e de proveito. Nunha ocasión salvou a dous nenos nun incendio dunha casa en Vigo. Pasaba por alí e non dubidou en entrar a salvar dous descoñecidos mentres a xente estaba amontonada fóra pensando: Onde vai ese tolo ?. A nova saiu no periódico e na entrevista di que non o pensou. Os do periódico tratárono coma un héroe e quería que a sociedade lle dese unha oportunidade a este parado. Ese non foi o caso e Zurba seguiu paseando sorrinte e co cigarro abstraído no seu mundo fechado.
Na zona onde vive está este mural das gándaras de Budiño que seguro que Zurba non pintou pero que eu fago da súa autoría baseándome no que dicía Amos Oz: " Máis da metade do que sabemos dos outros é imaxinación. "
Etiquetas: personaxes I, vilaguindastre II
7 comentarios:
Home, o mural ten tela e un pouco de chollo.
Eu, por un lado admiro a xente que é capaz de vivir sen suxetarse a unhas normas que non se sabe quen escribíu, así cun lado medio anacoreta.
Pero eu non sería capaz.
Pois a min particularmente gustome moitisimo este tipo de decoracion urbana. Os grafitis, as casas decoradas, as paredes cheas de debuxos...fan as cidades moito mais humanas.
E a historia que contas, e digna dun guion de cine.....
quem fosse capaz de viver em nunca xamais...
beijos
Solo pasaba a avisarte de la nueva url de mi blog.
Bicos
Pasaba a dejarte mi nueva url.
Besitos
Non coñecía esa frase pero pode que sexa certa, e estame dando que pensar.
eso é certo, incluso cos que teemos máis o noso caron, canto é certo e canto fantasia o que sabemos ddeles? saúdos meu, fermoso mural
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio