Tuesday, April 14, 2009

Non puido ser

Non somos ninguén e non temos poder ningún e así Xiana decidiu non quedarse connosco e deixarnos tristes.
Tivemos que dicirlle ao Leíño que mamá xa non tiña unha nena na barriga como pensabamos senón que saiu unha bolboreta. O Leo púxolle o color rosa á bolboreta e o seu destino: o ceo e así agora voará ceibe.
E agora desculpa se non escribo nun tempiño.
Graciñas anticipadas polo cariño e os comentarios de apoio.

45 comentarios:

Ana said...

Sinto muchísimo.
No tengo palabras.

Un abrazo

pablo said...

Tampouco teño palabras.
Unha aperta ben forte.

opaco said...

apertas e moitos bicos para a mamá do leo ...coidádevos con cariño :*

Carlos Sousa said...

Que mala nova, sinto moito. Ten que ser moi doloroso, pero recordade que tedes a Leo, e sempre pode voltar outra bolboreta.

Ánimo, unha aperta grande.

Moraima said...

Nestes casos, nunca se me ocorre que dicir. Sintoo. Moito ánimo!

pablo gonzalez said...

tede moitísimo ánimo.

ademáis de con vós, xiana xa está tamén connosco.

Danilo said...

Vaia. Coma todos non sei que máis dicir que non sexa moito ánimo...

Unha aperta

Meninheira said...

Sintoo moitísimo.

Un biquiño moi grande

Barreira said...

Vaia. Sintoo moito. Son reveses que a vida nos brinda. Tendes que mirar para adiante porque a vida sigue.....
Animo e un forte abrazo.

HADEX said...

Un abrazo moi moi forte para vós. Só podo transmitiros o meu cariño e os meus ánimos.....

An said...

Sintocho meu, e unha dura perda, agardo que a dor se troque pronto nunha nova ledicia. saúdos e apertas máis fortes e agarimosas que de costumbro :(

Valdolouro.com said...

Ogallá as verbas servisen para atenuar un pouco a vosa dor. Creédeme que o sinto. Unha aperta moi forte.

busto.agolada said...

A miña aperta amiga e a solidariedade de quen pasou tamén por esa situación.

vermella said...

bico.

Eva Rei said...

Sintoo de veras; Xiana tamén era parte de nós. A vida dá estes golpes e tamén hai que aprender deles, sobre todo a valorar o que sí temos. O Leo ha de darvos a alegría que vos falta, como nos pasou a nós con Xesús. E quen sabe, igual chega voando outra bolboreta. Ánimo e forza.

amauta said...

únome ao resto de comentarios. Estaremos atentos a ti do mesmo xeito que o Pai de Leo atendeu as nosas coitas noutros intres...

Unha aperta, compañeiro!

mencía said...

Sinto moitísimo a vosa perda.
Non hai palabras que fagan desaparecer a dor. So o sorriso do Leiño vos dará consolo e vos axudará a recuperarvos.
Unha aperta forte.

elvira carvalho said...

Sinto muito amigo.Deixo um abraço apertado para vós, pois sei por experiência própria que nestas alturas, não há palavras que nos confortem.

Antón de Muros said...

Quero deixarvos todo o meu ánimo.

É unha mágoa, mais coñezo esta dor e sei moi ben que deixa mal o corazón.
Mais tedes que ser fortes e seguir adiante polo Leo e por vós mesmos!

Unha aperta dende lonxe.

Antón.

Mer said...

É moi difícil expresarse, non sei qué dicir. Moito ánimo e unha forte aperta.

Anonymous said...

Unha bolboreta rosa voando, outra estreliña alumea no ceo e no mar hai outra ondiña.
Cando o vento vos acariñe a cara, ¿sera Xiana que vos vira a bicar?
Bicos e apertas para todos

Raposo said...

Síntoo compañeiro. A vida é asi de dura as veces.
Unha aperta forte e moito ánimo.

Cuspedepita said...

Agora xa entendo...
Unha aperta moi forte, moitos ánimos e todo o meu agarimo para cada un de vos.
A pequeniña bolboreta Xiana estará nos vosos e nos nosos corazóns para sempre.

Os Tartarouchos said...

Dicídelle adeus todo o que necesitedes para que teñades vós e máis ela unha boa despedida.
Un biquiño moi forte para a familia toda.

Crema de Grelos said...

Sintoo moito. Ánimo. Unha aperta moi forte.

peke said...

Bicos e ánimos para os tres, sobre todo para a mamá.

Pau said...

Sintocho ben; e ainda que en momentos asi sempre se cae nos mesmos tópicos e todas asverbas parecen vacias, creeme que despois da noite sempre volve o día, ainda que sexa un día de eses escuros e chuvioso.
Un abrazo

Torreira said...

Apertas...

Chousa da Alcandra said...

Unha aperta moi grande dende Antas.
(Contástesllo moi ben ao Leo. Buscade agora nel a ledicia que atoparedes)

F. Míguez said...

O meu apio e o meu cariño mándovolos neste comentario. Esa volvoreta voará sempre nalgures.
Ahí vai unha aperta moi forte para vos.

Veloso said...

Non sei que dicir. Creo que llo explicastes moi ben a Leo. Moito ánimo e unha forte aperta.

A lareira de Santiso said...

Unha aperta para os tres, e a ilusión dunha bolboreta

abueloscrisytoño said...

Como ya sabéis, por Cris estamos al tanto de todo desde el primer momento, No quisimos llamar para daros tiempo de asimilar con un poco de intimidad tan dura prueba de la vida. Vendrán tiempos mejores llenos de hermosas bolboretas . Recibir todo nuestro cariño, un beso para Leo, mucho ánimo para Ana y para ti Pedro.

chelo said...

Sintoo moitisimo, non sei que dicir...querovos moito, se precisades de algo sabedes onde atoparme...
Cuidadevos moito...
Un bico e unha aperta moi fortes.
Volve pronto.

Merce said...

Quedome sen palabras tamen eu. Non hai nada que se poida dicir agora. Agás que un bico moi grande e unha forte aperta.

rui said...

Biquiños para os tres

latorredelossueñosesmeralda said...

Maldigo a negra sombra que unha e otra vez envolve a luz que raia na alborado do dia, e non nos deixa se non amargas bagoas coas que mollar os ollos pechados na noite escura desta vida...pero como o retoño brota ao traves da cinza do lume, a vida a renacer....algun dia de certo.

elvira carvalho said...

Amigo passei só para deixar um abraço .
E que Deus os ilumine nesta hora triste.

torredebabel said...

Para ti, para Leo e para Ana unha aperta fonda que cruza o mar e chega co seu arrecendo a outono. Sintoo moítísimo benqueridos amigos!

Kaplan said...

Tamén eu o sinto. Lamento non telo dito antes pero non o souben até hoxe. As palabras agora non valen de moito. Un abrazo.

Manel Vázquez said...

ánimo. mañá agarda outro tempo. escribe.

LM said...

sinto-o mesmo muito. beijinhos enormes para os tres com todo o nosso mais fondo carinho. ánimo!

LM said...

com carinho: http://oblodelm.blogspot.com/2009/04/premio.html

beijos

Mara said...

Apertas cheas de luz de sol.

Marinha de Allegue said...

Unha aperta grande grande para os tres, recién me enterei agora mesmo. Nunca é tarde para acompanhar.
Síntoi muito de verdade.
:)