Tuesday, May 12, 2009

As gafas máxicas


Con motivo do día das letras galegas pediron na gardería de Leo que levasemos unha camisola branca para pintar e un conto así que o Leo vai levar o conto das gafas máxicas.
" Cando entro no garaxe pídolle as gafas á miña nai porque son máxicas. Poño as gafas e o garaxe cos coches queda transformado na cova de Aladino cos tesouros. Se vexo un gato pola rúa convértese nun tigre. As farolas semellan palmeiras e así pasa con todo.
Logo miro para miña nai e é unha princesa guapa pero quito as gafas e segue sendo esa princesa guapa de antes.
Eu penso que a maxia téñoa eu nos ollos ".

17 comentarios:

Carlos Sousa said...

Como é o conto? A princesa guapa de "antes"? E que pasa, que a de agora, sen ver polas gafas, non é guapa?

Bromas aparte, bo conto. Pero non todo é como se pode, ou se quere mirar.

Apertas

HADEX said...

Jo que fermosura de conto.....Eu quero unhas gafas así, dillo a Leo da miña parte.

Bicossss

abueloscrisytoño said...

Un fermoso conto ¡felicidades! É moi difícil escribir un conto curto, dicir e expresar tanto agarimo con tan poucas palabras

peke said...

Eu apúntome tamén a unhas gafas así.

Barreira said...

A maxia non está nos ollos. Está na cabeza. E canta mais maxia teñamos mellor.
Saudos.

paidovento said...

Quen nos dera a máis de un ter unhas gafas máxicas e uns auriculares máxicos tamén.
Unha aperta.

Kaplan said...

Máis que maxia, o que ten nos ollos son poderes. Como me gustaría ter unhas gafas así... igual un día mas pode prestar (con volta, claro)

Nébeda said...

Esas gafas non hai diñeiro no mundo que as pague.



Moitos bicos e que a primavera lle gane ao inverno. Sempre.

An said...

Teño que aprender a esscribir dese xeito, fermoso conto. Saúdos amigo, e apertas

An said...

:D

busto.agolada said...

Teñen unha cor especial por iso vedes o mundo dunha maneira especial. Refírome aos sentimentos de quen mira.
Que sorte ten Leo de que lle descubrades tanta fantasía a través dunhas gafas.
Apertas.

mencía said...

Ben seguro que tes máxia nos ollos e na vida, con ese meniño non has de ter?
Pois que siga a maxia na túa vida sempre.
Bicos.

elvira carvalho said...

Gostei dessa "a magia tenho-a eu nos olhos" Muito bonito.
Um abraço e bom Domingo

A zanfonista said...

Entón esas lentes quéroas eu. Jeje. Gustoume moito o conto. Saúdos.

mamiago said...

Y los nominados son... tienes toda la información en este enlace:
Concurso de corto sobre los derechos de los niños. (Estáis al final de todo)Besos.
Inés.

Pau said...

Un conto precioso; quizas nos tamén deberiamos por algunha vez esas gafas

Mer said...

Qué bonito o conto. O Leo vai ter que deixarme esas gafas algunha vez.

Bicos