O " Bolero "
Hai veces que un pensa en xente que coñeceu hai tempo e que hoxendía non sabe dela. A min pasoume o outro día mirando este muro onde cantou o " Bolero " hai anos nunha festa. O " Bolero " era un rapaz con dúas características: era algo fantasioso e cantaba todo o día e non sei por cal das dúas virtudes lle viría a alcumada. Cantáballe ás rapazas ao oído cancións románticas mentres camiñaban á vila. Tamén lembro un día que estreou unha moto e puña o intermitente en tódalas curvas. Nunha ocasión memorable cantou nunha festa de verdade cun grupo e todo no alto dese muro da foto que daquela era o punto final dunha estrada. Non o fixo mal pero uns veciños gamberros lle tiraron tomates e arruinaron a súa festa.
Supoño que aquel día decidiu que tiña que marchar deste lugar e desaparecer e ben que o fixo que non sei nada del !.
Etiquetas: personaxes I
14 comentarios:
Pois é raro que non saibas nada dun tipo que sinaliza, incluso as curvas, poñendo o intermitente...
Apertas dende a Chousa, coas luces de posición acesas
xa ves, un intenta animar unha festa e os propios veciños tiranlle tomates.
Por certo, que farías ti na Picaraña nun día que non era romería...?
Ás vezes acontece lembrarmo-nos de alguém que há muito não vemos e de quem nada sabemos.
Um abraço
A min o "Bolero" lémbrame un personaxe peculiar en Ourense. Chamabámoslle "Andrés o batería". Xuntaba botes e caldeiros de todos os tamaños e en calquera recuncho púñase a tocar e a cantar ao mesmo tempo. Hai moitos anos que non sei nada del.
parabéns, moitos precisabamos volver os teus posts!
Eu, de pequeno, cantaba no balcón. Non me acordo moito, pero os meus pais aseguran que os traballadores dunha obra próxima aplaudían a miña versión infantil de "Bailemos un vals".
Ola Leo
Para min o bolero é unha canción que canto en Pandeireta...
Encantada de coñecerte.
A quen lle andará a cantar. Pois propon a busca a ver si alguen o identifica por ahí. Como di chousa, si alguén ve a un moteiro sinalizando a chegada das curvas, velaí o Bolero.
Saudos.
Alédame que esteas de novo en activo como blogueiro :-) Botábamoste de menos.
¡Cantos personaxes singulares coma "o bolero" corren polos camiños !
Apertas para os tres.
Home, éche normal o dos tomates, xa se sabe que ninguén é profeta na sua terra, quen sabe se agora o Bolero estará de cantante nalgún grupo americano de sona?
Apertas
As veces somos realmente cueis cos demais, en fin, non me estraña que desaparecera,
Bicos.
Ola querida familia, como vai todo? Supoño que xa un pouco mellor. Queremos mandarvos un bico moi grande, temos ganas de vervos, pasar cando queirades esta é a vosa casa.
aledame volver a verte por estes lares. Un saudiño.
As veces un recordo con mais cariño aquelo que puido e non foi...cousas raras, pero que significaron algo en un mometno determinado das nosas vidas....
Benvido outra vez
Unha aperta
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio