Thursday, June 11, 2009

Corenta de maio


Un que sei eu estreou coche o corenta de maio pero no canto de quitar o saio metéronlle no coche novo do trinque un allo. Din que é para evitar envexas e mala sorte. A min séguenme facendo gracia que perduren estas crenzas tan antigas neste tempo de motores de dezaséis válvulas.

4 comentarios:

Barreira said...

MMMmmmmm. Pois a min gustamen mais o cheiro do interior dun coche novo...... sen allos.
Saudos.

Anonymous said...

Pois manda car..ALLO!
Se funciona o método van quedar os chapistas sen trab...ALLO.
Saúdos.
M. Busto

Carlos Sousa said...

A nosa Galicia, xa se sabe, meigas, meigallos e demáis... Non soporto a xente que fai iso cos allos por superstición, o resulatado vai ser o que ten que cadrar.
É como nun partido de fútbol, cando un equipo leva allos enriba para tentar gañar o partido, se o contrario tamén os leva, que pasa?

Un saúdo

An said...

Creoche que, na Galiza, poucos son os que non o levan, inda que a alguns lles coste recoñecelo,gosto de formar parte dun antigo "ritual". ssintoche o do cole do Leo e aledome de que disfrutasedes da praia. Saúdos e apertas