leoeosseus

luns, 8 de xuño de 2009

Ensinando o que sei


Onte pasamos o Leo máis eu por diante deste graffitti nunha parede veciña e díxenlle que era Dalí. Gústame ensinar o que sei e procuro facelo. Fálolle en galego porque non teño dúbidas de que vai aprender castelán pero non quero que se extrañe de oír falar galego. Hoxe xogaba coa curmá no parque da praza da Miñoca en Vigo e apareceu unha amiga dela. Oiu que a curmá falaba no seu galego co Leo ( ten muitísimo mérito que lle pon gañas ) e preguntoulle con extrañeza e polo baixo: - Oye, tu primo habla en gallego ?. Ela non contestou e eu quedei pendiente de como acababa o asunto. Ao final a nena recuperouse da súa extrañeza e púxose a falar no seu galego con Leo coma se fose un xogo. Aledeime de que o asunto rematase así e non houbese burlas nin malas historias porque non aguantaría sentirme culpable por só ensinar humildemente o que sei. Espero que no futuro o Leo non me reproche nada.

Etiquetas:

18 comentarios:

Ás 09/06/09, 00:36 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Leo ha de darche as gracias por ensinalo tan ben, Pai.



Bico.

 
Ás 09/06/09, 00:41 , Blogger Moraima dixo...

Meu pai falame en galego, e miña nai en castelán... Leo ten moita sorte. ;)

 
Ás 09/06/09, 02:45 , Blogger An dixo...

coido que non o fará. fale o que falee o día de mañá, deseegurro bai gabachear do seu pai. saúdos e apertas meu.

 
Ás 09/06/09, 07:57 , Anonymous chelo dixo...

Co bonito que e escoitar a un neno pequeno falar galego...oxala todos os pais tomaran exemplo e lle ensinaran o que son as nosas raices, iso que eu non teño por costume falalo pero espero que iso que se escoita de que queren sacar o galego das escolas xamais se cumpra.
Bqñs.

 
Ás 09/06/09, 09:21 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Eu tamén creo que o Leo vai estar orgulloso de seu pai, e de seguro que vai agradecer que llo aprenderas.

 
Ás 09/06/09, 09:25 , Blogger pablo gonzalez dixo...

velaí unha mostra do "bilingüísmo armónico" que di non sei quen. O que pasa é que por primeira vez vexo que se resolve con todos falando galego.

bilingüísmo armónico vs anécdota imprescindible.

 
Ás 09/06/09, 10:57 , Blogger Antón de Muros dixo...

O meu avó falábame galego.
Grazas á súa decisión teño a sorte de disfrutar do noso tesouro cultural a milleiros de quilómetros da terra ;-)

O Leo tamén aprenderá o castelán mais estará orgulloso de pertencer ao pobo galego ;-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 09/06/09, 12:07 , Blogger Nemeth dixo...

De seguro que o Leo ha de medrar vizoso e sabio con tan bon exemplo ao seu carón. Transmítelle o que es e o que sabes e non poderá saír mellor.

unha aperta!
Nemeth

 
Ás 09/06/09, 12:37 , Blogger fgul dixo...

Resulta que os nenos non teñen ese complexo de inferioridade que si teñen os seus pais. É máis; para eles forma parte da súa integración. Ora ben; se os pais deles estivesen diante, aposto a que non mudarían en prol do galego (a presión, xa se sabe).

E está claro que o Leo ha de aprender o Castelán, pero tamén saberá falar galego con soltura... (se iso non é de agradecer a un pai...). Ao mellor os amigos do Leo tamén lle acabarán agradecendo a el que lles aprendese o galego (no meu caso; debo agradecerlle aos meus curmáns o galego que falo hoxe en día).

Unha forte aperta.

 
Ás 09/06/09, 13:33 , Blogger Barreira dixo...

Fas moi ben. Ese é o xeito de facer que o galego se impoña. Falandoo e deixandose de recoller firmas nunha mesa pola rua, sin saber moi ben para que son esas firmas.
Ao meu pequeno faleille sempre en galego, non por nada senon porque a seu pai fixeronlle o mesmo i é no que fala habitualmente. O pequeno que xa ten sete anos fala en galego habitualmente. E sabe i entende o castelan perfectamente. Pero fala sempre en galego. Claro que é moito mais facil para os que vivimos no rural. Pero non excusa.
Saudos.

 
Ás 09/06/09, 14:37 , Blogger Unknown dixo...

Non teñas medo. Leo fala galego, vai aprender o castelán e pode que o inglés e outras linguas (todas as que el quixer). Cada un deses idiomas vaille ensinar que hai moitas e moi distintas maneiras de pensar o mundo. E, por tanto, a ponte que ti e mais Ana tenderon co galego será a que lle permita achegarse a unha ollada plural e rica do mundo.

Valen mais estas historias cun millón de pintadas e ataques!

Noraboa Paideleo!!!!!

 
Ás 09/06/09, 16:02 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

E que che ía reprochar? saber máis nunca é motivo de tristura, ademáis desgraciadamente o Leíño deixará o galego en breve, fanno todos.

Un biquiño grande

 
Ás 09/06/09, 19:51 , Blogger Carlos Sousa dixo...

E que millor que iso!! Sabemos que de pequenos é cando millor se aprende todo, encántame escoitar a un neno falar galego con soltura.

Aparte, o castelán non é que o vaia a aprender despóis, ou que o vaia a saber falar e escribir mal, como din algúns, senón que os irá aprendendo o mesmo tempo, que para iso eles quédanse con todo o que oen.

Un saúdo

 
Ás 09/06/09, 20:31 , Blogger Isa dixo...

Ola Leo. É duro ter que xustificar o feito de falar a nosa lingua na nosa terra... pero éche o que hai... Nos, os nenos, estamos por riba diso.

 
Ás 09/06/09, 20:38 , Anonymous aopedofarelo dixo...

Para nada .
Mira, na miña casa, Carmen a miña muller, naceu nunha aldea de Guitiriz, dende sempre na sùa casa falaron en GAlego, todos os hirmans, veciños, amigos.....era o normal. O castelan fora para outro tipo de cousas,mais formais.
CAndo chegaron a FErrol, a miña muller o pasou moi mal, porque na escola rianse dela, e a mesma profesora, aunque de boas maneiras, lle decia que era mellor falar castelan....
Como sabes, eu son de CAdiz, coñecimonos e ela sempre faloume e CAstelan, non sei parecelle raro facelo en GAlego, nembargantes imos a sùa casa, e falamos todos en GAlego.
Entre nos, ela, eu e os nosos fillos, sempre relacionamos en Castelan. E os rapaces, e os seus amigos, no colexio, etc. o fan en Galego.
CArmen, no traballo da consulta, -é mèdico,- fala un noventa por cen, ca xente en GAlego...E eu, pois que queres que che conte, no meu traballo en SAntiago, as veces, e segun de que xente se trata o facemos en GAlego, ou CAstelan....
PEro a min o que verdadeiramente me gustaria, e falar FRances, Ingles, Chino, Ruso, XApones.....e ata se me apuras, Suaxiri, - En serio, do que se trata é de comunicarnos, entendernos, non separarnos e poñer barreras idiomaticas.....Xa bastantes temos das outras...¿Non si?

 
Ás 09/06/09, 23:03 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Admiro moitísimo a meu pai. E faloume en castrapo e no que se terciou.
Estou seguro de que me entendes.

 
Ás 10/06/09, 10:57 , Anonymous Anónimo dixo...

é muito de agradecer que existam pais como o teu, Leo, que tratem de evitar que a nossa língua desapareça.
Somos poucos os que em Vigo assim fazemos; ánimo companheiro!

 
Ás 10/06/09, 13:26 , Anonymous Anónimo dixo...

A ver si o Leo lle pode falar ese galego ben falado o meu Roi!! Que a nai xa sabes qe lle da mal. O curioso é que me topo falando o bebé moito mais do que cría en galego...
Bicos, Cris

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio