leoeosseus

martes, 16 de xuño de 2009

Para pensar e non rir


En abril fixen esta foto a menos dun quilómetro de onde vivo e, no primeiro, fíxome gracia pero pensei un pouco e decátome de que quen o puxo quere sacar da ignorancia polas boas ao " apañador " descoñecido.
O amigo Chousa puxo unha foto semellante no seu blogo onde tamén se informa aos ignorantes de que todo, todo ( ata canas e toxo ) ten dono.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 17/06/09, 13:04 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Dentro de pouco van aparecer máis cartéis deses, que o pillaxe nas fincas vai a máis. O ano pasado, cerquiña de donde vivo, un veciño cando foi vendimar a viña, xa estaba vendimada!! Con nocturnidade ou non, alí so quedaban as cepas e as follas.
Aíndda que se puxera un carteliño, pouco había de cambiar.

Un saúdo.

 
Ás 17/06/09, 14:01 , Blogger Barreira dixo...

Hai xente que se habia desenvolver moi ben nun rexime comunista como o cubano

 
Ás 17/06/09, 23:04 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Há gente que não respeita nada nem ninguém.
Um abraço

 
Ás 18/06/09, 00:11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Si señor!!. Por iso o poema empezaba con aquelo de "toxos e xestas da Galiza miña..." (Que ben podían ser toxos e canas.

 
Ás 18/06/09, 16:39 , Blogger Merce dixo...

En Ourense hai unha zona onde a xente está atemorizada, ultimamente entran a roubar onde sexa, levando o que sexa. E que ademais saben quen é, pero alegan que non teñen que comer... Fai pouco falando cun coñecido, que, non sei se sabedes onde está o Paseo das Ninfas en ourense, a beiriña mismo do rio, ben pois iste home ten unhas fincas ali (e dicir, case no centro da cidade e pasando continuamente xente polo paseo) nas que plantou patacas, ¡¡¡ao dia seguinte encontrou a leira saqueada!!! cortaron a alambrada e levantaronlle as patacas da terra...

En fin... haberá que poñer de novo os carteis ises de "Ollo ó can, morde"

Bicos

 
Ás 18/06/09, 17:46 , Blogger An dixo...

Eu cando as apaño, pidolle permiso o seu propietario, pero apañar, por apañar é tontería, de seguro que fan falla, pero non costa nadiña pedilas. SAúdos e apertas

 
Ás 18/06/09, 17:46 , Blogger An dixo...

por certo...a min roubaronme case 30 coellos...eso si que é de malpocados :(

 
Ás 18/06/09, 18:37 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

E as piñas do monte, é as flores de carrasco, tampouco se poden coller?
Témome que me levarán presa.
A.Cris

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio