leoeosseus

xoves, 25 de xuño de 2009

Pouco choio


A ver: si, se non hai máis remedio. Pero é o que toca cando non hai traballo. Levamos toda a semana case sen producir e xa non sabemos onde meternos. Botei de carpinteiro amañando palés uns días e hoxe tocou limpar paredes do almacén que estaban cheas de arañeiras. Quen tivo sorte de que limpase eu foron dous pichóns e dous ovos de pomba que tiveron a súa segunda oportunidade.
A ver se saímos deste bache produtivo...

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 26/06/09, 01:29 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Isto ten moi mala pinta. Pódoche dicir que na vida mirei unha situación semellante, e iso que xa levo os meus anos traballados (a crise que falan do 93 nin a notei).

Pero claro, como a cousa está tan "ben", pois que milor que facer folga. O do metal xa non me ten moita lóxica, ó millor son un pouco conservador, pero o que teña choio hoxe, case que é un privilixiado, non sei... Que non nos pisen, pero tamén temos que ser consecuentes coa situación.

Pero para máis "inri", hoxe escomenzou a folga da pedra (ramo ó cal pertenzo), da cal non nos enteramos ata o mediodía, e seguimos traballando, loxicamente. Polo de pronto nadie se meteu con nos, se viñeran algúns piquetes deses "informativos", faríamoslle caso, pero non foi así.

Con isto quero dicir, que pasén tempo estresado fai uns anos pola cantidade de traballo, pero nunca tuven tanto tempo libre no choio como hoxe en día. Ou sexa, situación ideal para facer unha folga. A ver en que acaba isto.

Non me enrollo máis, un saúdo.

 
Ás 26/06/09, 09:00 , Blogger Unknown dixo...

A cousa va a peor, no choio de mi marido va todo moi mal.
Non se vende nada (pertence a Recalvi), e pra comenzar este mes xa non hai cartos para a paga extra...
So falta que sospendan soldos,e a tomar po cu todo.

Bicos

 
Ás 26/06/09, 11:01 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Nós tamén notamos moito a crise, pero no peto :(

Un biquiño

 
Ás 26/06/09, 14:04 , Blogger Barreira dixo...

Nos buracos fondos enseguida se cae e o batacazo é duro. E sair saese con tempo e esforzo.
Desta hemos de sair pero vai costar tempo e outras cousas.
Saudos.

 
Ás 27/06/09, 14:31 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

ánimo, Pai. Non choveu que non escampara.

 
Ás 27/06/09, 18:15 , Blogger Merce dixo...

A cousa non esta ben, pero ainda quedame fe para pensar que imos sair, e que non queda outra...

Biquiños

 
Ás 28/06/09, 03:18 , Anonymous paidovento dixo...

Mal asunto! Pero, xa sabes... Nunca choveu que non escampara.
Cambiando de tema, quero ver esa máquina nova (xa sabes a que me refiro)
PD: se podes, pasa polo meu blog para cubrir unha enquisa.

 
Ás 28/06/09, 12:09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Tocan cornetas de guerra en todos os eidos. Pregúntome onde andarán aquelas famosísimas dotacións para reservas que dicían que facían certas empresas. Tan axiña se acabou o "millo vello" que tiñan almacenado? Ou resulta que o gastaban en mercar látigos para azuzar máis aos empregados?...

Sair hase sair. Ainda que despois de pasar polo tunel nos chamemos doutra maneira.

 
Ás 28/06/09, 15:09 , Blogger Susete70 dixo...

moi grato ollar a tua bitácora.
apertas dende FERROL

 
Ás 29/06/09, 00:30 , Anonymous manel vazquez dixo...

ánimo e que os tempos que veñan sexan os nosos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio