leoeosseus

venres, 5 de xuño de 2009

Un chiste na xornada de reflexión



Estas eleccións fanme lembrar un chiste que me contou un simpatizante de Feijoo poucos días despóis de gañar este as últimas eleccións á Xunta. Resulta que cando se enteirou o president de Catalunya da victoria de Feijoo pensou que os galegos eran uns calzonazos que non tiñan o que tiñan que ter así que quixo burlarse de Feijoo e chamouno por teléfono: - " Ola, Feijoo. Noraboa polo resultado das eleccións. Mira; sei que tendes unha fábrica de preservativos en Santiago así que quería facervos unha encarga. Os da Generalitat temos unha festa así que quero repartir 5000 condóns pero dunha medida especial. Teñen que ter 40 cms de longo e 20 de diámetro. Mira a ver se podes conseguilos. " Feijoo decatouse de que quería tomarlle o pelo así que seguiu co conto e prometeulle os preservativos. Logo chamou á fábrica de condóns: " - Pereira: podes facerme 5000 condóns de 40 cms de longo por 20 de diámetro ?. " - " Home, por poder, podo." - " Pois logo faimos e na caixa póslle: Condóns feitos na Galiza. Tamaño PEQUENO."

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 06/06/09, 02:08 , Blogger Barreira dixo...

Je,je,je. Moi bon.
Saudos.

 
Ás 06/06/09, 10:37 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hehehe homes! sempre a voltas co tamaño do couso! XDDDDDDDDD

Cando eu estaba no instituto recordo outra frase moi semellante: "Putas ó poder, vosos fillos xa están nel" ;)

Biquiñossss

 
Ás 06/06/09, 13:49 , Blogger Peke dixo...

Non está mal o chiste, non.

 
Ás 06/06/09, 15:13 , Blogger rui dixo...

De algo hai que facer chiste! O do tamaño éche moi socorrido. Mas eses condóns hanlle quedar frouxos até aos touros.
Un saúdo

 
Ás 06/06/09, 17:25 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Xa o coñecía, é moi bo. Ó final parece ser que o tamaño si importa, polo menos para recochinear.

 
Ás 06/06/09, 19:02 , Blogger Merce dixo...

jajajaja moi bo jajaja si señor!!!

Bicos

 
Ás 06/06/09, 21:31 , Anonymous Paco Penas dixo...

Maís eu coidaba de que o voto non era un segredo, que cada quen iría contando algo do por que votaba a este ou aquel, pero nin mu...Viva a diplomacia!!!!
Ah, o chite muito bom :-)
Apertas para esa familia.

 
Ás 07/06/09, 03:21 , Blogger An dixo...

non sei eu si...bo...mellor calo. Ledas eleccións.saúdos
http://CGRUAN.blogspot.com

 
Ás 07/06/09, 20:47 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

jaja, igual é que os simpatizantes de Feijóo a teñen máis grande...


Un bico ;

 
Ás 08/06/09, 14:39 , Anonymous chelo dixo...

Moi bo, ja, ja, ja....
Bqñs.

 
Ás 08/06/09, 17:38 , Blogger vermella dixo...

chego hoxe ao chiste e a verdade que me ven xenial rir un pouco!!!
bicos e un a maiores para Leo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio