Unha flor nova
Esta fin de semana tan calorosa foi de redescubertas para o Leo. Volveu bañarse na auga do mar despóis de case un ano e volveu bañarse nunha piscina. Tamén parece que lle abren o apetito estas calores e que o poñen máis " eléctrico ". Pola miña banda descubrín ou, máis ben, fíxenlle caso ás flores de kiwi como a que aquí retrato. Tamén intento fotografar abellóns pero non se deixan.
Etiquetas: leo IV, natureza III
7 comentarios:
Que ben que xa ven o calorciño e o tempo de praias. A ver se vou un día destes e a miña pequena lle perde o medo.
E coidado cos abellóns.
coime...esa é unha flor do kiwi? as dos meus son iguais pero amarelas...que curioso. Saúdos e apertas
UUUUUUU.... os abellons son uns caralludos. As flores son moi fotoxénicas. Saudos.
Fíxome graza ese "non se deixan". Compréndote moi ben.
O Leo está estupendo.
Canta frescura transmite a foto da flor do kiwi. A mesma que hai ter o Leo ao saír da auga. Vexo que vai medrando san e forte e fermoso.
Apertas para vós todos.
Son malos de captar os abellóns, si. E as abellas tamén. Eu cachara algunha o ano pasado e -mira ti por onde- acabou por costarme un malentendido tremendo cunha blogueira o asunto da abella. Cousas que ten a vida!
A flor do kiwi coas gotiñas de auga transmite moita ledicia e frescura, certamente.
Sabes que e a primeira vez que vexo unha flor de kiwi?? o caso e que teño tres plantas na casa, duas femias e un macho, e nunca vin a flor... a ver se van ser as tres nenas ou nenes jajajaja Eso si, o abellon que teño no meu blog e que vive ali mesmiño, xa o teño pillado varias veces, e sempre que chove, aproveita cando sae o sol para se secar, cando o fotografiei segundo secou as suas ás botouse a voar :)
Bicos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio