leoeosseus

Friday, July 10, 2009

De Rodríguez


Hoxe remátanme estes días de Rodríguez e hoxe vou xuntarme coa familia e por fin sentirei vida infantil ao meu derredor. Crin que non ía extrañar muito a familia pero o silenzo pódeme.
O Leo aproveitou estes días para xogar na praia cos curmáns e empezar a dominar a arte de mexar no pinico co premio duns aplausos que pide cando remata a faena. Tamén fala algo comigo polo teléfono e remata dicindo: " Mándalle un bico " e logo manda o bico.
E iso é todo. Ata martes non saberás máis de min e ese día farei o sorteo da botella de viño. Aínda podes entrar no sorteo !.

Labels:

6 Comments:

At 7/11/2009 2:14 AM, Blogger Barreira dixo...

Claro que se bota de menos á familia, e moito. Pero é bon sabelo de vez en cando.
Saudos.

 
At 7/11/2009 6:53 PM, Blogger Merce dixo...

As miñas "pequenas" acaban de chegar dun campamento de 6 dias, non sabia que as ia botar tanto de menos, chegou un momento que necesitaba ter algo de ruido na casa. Estou de acordo con Barreira :)

Bicos

 
At 7/11/2009 8:48 PM, Blogger Carlos Sousa dixo...

Nun principio agradecemos o silencio e a tranquilidade que nos falta con tanto bullicio, pero cando pasa, xa estamos a botalos de menos, e ese silencio faisenos un pouco extraño.

Apertas.

 
At 7/12/2009 5:46 PM, Blogger Kaplan dixo...

Si que se botan de menos, si
(non direi máis)

 
At 7/12/2009 9:33 PM, Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Estar de rodríguez ás veces é un desexo máis ou menos intenso. Ó cabo duns días xa se botan de menos algunhas cousas. E de máis outras: como o cheiro dos pratos no fregadeiro!!! ;-)

 
At 7/14/2009 1:25 PM, Blogger Veloso dixo...

Non sei que pensará o Leo cando medre e vexa que o seu papá puxo no blog esta foto tan íntima. Igual tendes algún conflito xeracional. Saúdos e sorte coas funcións de Rodríguez.

 

Post a Comment

<< Home