Monday, July 20, 2009

O verán pódeme


Non sei por que pero o verán pódeme: non topo inspiración. O traballo, a familia, a praia ( menos do desexado ), acontecementos ledos e outros non; todo xunto fai que non me arrime ao aparello este e que estea falto de ideas.
Será cuestión de tempo.

11 comentarios:

Eva G. Rei said...

Xa chegamos, e o verán tamén nos pode. Pero como tamén hai vacacións hai que aproveitar o tempos, e isto inclúe ocos para estar cos amigos, non é?
Chamade.

Cuspedepita said...

Cala, cala...Eu agardaba que nas vacacións ía dedicar máis tempo ao blog, pero non paro na casa, así que ben verás...

Apertas

Moraima said...

Non és o único... creo que eu tamén teño demasiado esquecido o blog. Apertaas e felices vacacións ;)

An said...

Ti disfruta e pasao ben, xa teras tempo cando os días sexan máis cortos e cando os gosta a praia non poidades disfrutar dela. Saúdos e apertas meu

paidovento said...

Subscribo o comentario da parenta. A foto éche ben curiosa.

Meninheira said...

hahahaha encántame a foto!!

aquí de verán na de ná grrrr

Antón de Muros said...

Aproveita, ho.

Este verán non volta máis ;-)

Unha aperta.

Antón.

Carlos Sousa said...

Que te poida, pode ser, pero que non te venza. Espero que eses acontecimentos non tan ledos, non sexan nada malo.
Probarei cando vaia a praia (cando será?) a sacar unha foto así, é moi curiosa e graciosa.
Ánimo.

vermella said...

Polo menos pode poñer os pes ao sol que aquí chove miudiño,amodiño e agora mesmo chuzos de punta.
bicos.

Manuel L. Rodrigues said...

a boa vida.... é o que ten


Unha aperta.

paideleo said...

A foto era típica en varios blogos de hai catro anos.
O tempo non axuda demasiado para facela e foi feita naqueles días de xuño que fixo muita calor.