Monday, July 27, 2009

Trinta e catro meses


E van trinta e catro meses, a só dous de cumprir tres anos !.
Come ben anque non quere coller o garfo. Está sen cueiros pero non pide pis e hai que pólo a mexar que, se non, mexa por el. Fala bastante e ten imaxinación e así mestura o mundo real cos mundos dos contos e DVDs. Na foto fixo o castelo de " Bella e Bestia ". Gústalle cantar e parece ( para o seu ben ) que ten millor oído musical ca o pai. Canta a canción de " Paco Papán " cambiando o nome do protagonista por avó Moncho, avoa Marita, señores, papá, mamá, os curmáns ou paraguas ou coches ou o que sexa.
Aquí vai un exemplo.


video

Trascrición da canción: ( Paraguas Papán non fai n ) ada de proveito e só asubía e asubía. Sua nai mandou buscar traballo e que fai a cama cada día. Paraguas Papán, tun, tun. Paraguas Papán, pan, tun. Paraguas Papán, Paraguas Papán.

19 comentarios:

Carlos Sousa said...

Cantas similitudes atopo coa miña filla. O que máis me alucina é a imaxinación que teñen, e as películas que se montan. Chegan a aprender un Dvd. case que de memoria.
En nadiña tres aniños, como medran.

E grazas pola información no tema do balneario. Seguriño que nestas vacacións que van a entrar pasarei por ali.

Torreira said...

Vai montando o local de ensaio pai que este nun nada vaise de xira.Apertas

Barreira said...

É un artista. Que se preparen os de OT.
Saudos.

Barreira said...

Por certo.
O chino este (debe ser) parece que lle colleu gusto ao teu blogue.
Saudos.

Shucran said...

Parabéns para el! Está ben ter oído musical =)
Saúdos!

Meninheira said...

Nos tamén somos fans de ese DVD!! :D

Carlos Sousa said...

Xa vexo que ultimamente tes unhas amizades moi curiosas, traspasas fronteiras, pero xa nos contarás que che di o chinés ese, que eu non lle pillo nin papa.
Por certo, a Manuel L. Rodrigues pásalle o mesmo. Que andaredes a argallar volos dous...

Manuel L. Rodrigues said...

pois si; nós os dous somosche internacionais. Desque puxen no blog o servizo de traducción automática "no paran de pasar chinos"... (xd)

An said...

E paverisimo...ogalla eu sexa tan bo pai coma ti meu.SAúdos e apertas

Ana said...

Como creceu, é todo un homeciño!
E artista,jejeje

Bicos

F. Míguez said...

¡Está feito un Elvis! Que ledicia, ver cómo van a máis.
¡Unha aperta dende Redondela!

Chousa da Alcandra said...

Que temble "El Boss"

Carlos Sousa said...

Topeite unha foto na rede do canastro metálico de Vide. Como hoxe vou poñer un post, voucha pedir prestada. Espero que non che importe, se é así dimo.

Un saúdo.

Antón de Muros said...

Parabéns polo fillo que tedes!

Disfrutade moito este tempo que medran axiña... eu sei o que che digo ;-)

Unha aperta.

Antón.

Suso Lista said...

Pois a miña sobriña-neta con 16 meses xa come co garfo, e conoce o nome de todo o pueblo. a hostia o que aprenden. Eu tamén che digo que vaias preparando local de ensaio.

abueloscrisytoño said...

Querida familia, xa estamos na casa. Mamá esta algo máis tranquila pero moi delicada e mimosa. Agora paso todo o tempo con ela así que podedes vir cando queirades. Non vos esquezades da botella de viño nós xa poremos o polbo ou as sardiñas.
A foto de leo cos coxíns é moi bonita.
A.Cris

X said...

Entre isto e os Ruxe-Ruxes só un par de guitarras. Saúdos a toda a familia.

LM said...

esse castelo é fantástico! e que xeitinho tem para cantar, meu deus!
beijinhos

Ra said...

Qué artistazo, madre mía :)


Mua.