leoeosseus

xoves, 2 de xullo de 2009

Unión Penosa



Non me gusta queixarme e non o vou facer pero hai feitos curiosos. Hoxe, 2 de xullo, chégame ao buzón do correo unha carta de Fenosa. Non falta a factura do mes de xuño, claro, pero aparte vén unha folla informativa con data de maio dicindo que vai haber liberación de compañía eléctrica, que son estas e aquelas para escoller, patatín, patatán e que teño ata o 1 de xullo para escoller compañía e, se non escollo, sigo coa mesma. E chégame a información o 2 de xullo !.
Dáme gañas de arrincar todos os enchufes da casa e tiralos coas farolas da foto. E por que están esas farolas tiradas se funcionaban ?. Esa é outra. Pois porque houbera cambio de goberno municipal e tiña que notarse o cambio.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 02/07/09, 23:51 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Realmente da pena; pero tampouco te agobies moito. A min chegoume esa información co recibo de xuño e estou nas mesmas. Non hai cristo que se entere. Nin siquera a web do Ministerio de Industria se aclara co asunto do "último recurso".

Ao final, como se di por estes lares, cambiarás de muiñeiro, pero nunca de ladrón!

 
Ás 03/07/09, 01:26 , Blogger Raposo dixo...

Non te queixes que creo que agora ata nos regalan unha bombilla de baixo consumo a cada un.

 
Ás 03/07/09, 09:42 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Creo ter entendido que esta medida era para abaratar o custe da corrente, pero me da que non vai ser así, tempo ó tempo.

A min esa carta me parece que aínda non me chegou, estamos apañados.

 
Ás 03/07/09, 10:04 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Canta razón tes

 
Ás 03/07/09, 10:33 , Anonymous Anónimo dixo...

A cada un non, só a non sei cantos por sorteo.
Saúdos.
X

 
Ás 03/07/09, 11:45 , Blogger fgul dixo...

a min pasoume o mesmo, si.

 
Ás 03/07/09, 12:14 , Blogger Veloso dixo...

Eu xa pedín información a Fenosa hai máis de tres semanas e aínda non nos dixeron nada. A cousa pode ser delicada nos contratos de máis de dez quilovatios (por exemplo, nós, en Silvaoscura, como consecuencia da antiga tarifa nocturna). Saúde e sorte coas eléctricas!

 
Ás 03/07/09, 14:11 , Blogger Barreira dixo...

Eu coido que estamos todos esperando, non sabemos moi ben a que, pero seguros de que é mellor cambiar mañan en vez de hoxe.
E mentres tanto, o que si está claro é que imos pagar a luz un 2% mais cara.
Saudos.

 
Ás 03/07/09, 14:58 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Incrível!! de tódolos xeitos pódese mudar cando un queira, faltaría máis non? como co gas, o teléfono, etc.

 
Ás 03/07/09, 17:13 , Anonymous paidovento dixo...

Pois a min aínda non me chegou a famosa carta. De todos os xeitos, os da OCU aconsellan non cambiar de compañía aos que temos menos de 10 KW contratados. Así que, de momento, teremos que seguir aturando aos chupóns de Fenosa. Por certo, as farolas éranche ben feas (Barros tiña especial debilidade por esas lámpadas decimonónicas).
A ver cando vemos esa máquina...!
Unha aperta.

 
Ás 03/07/09, 19:45 , Blogger Mer dixo...

Pois hoxe é 3 de xullo e a a mín non me chegou ninguna carta de Fenosa ofrecendo cambio algún.

Por suposto entereime polos medios de comunicación, pero seguro que son todas iguais de malas e de trampeiras, igual que os operadores de internet, de teléfonos móbiles, etc...

Demos de distinta cor, sinxelamente iso.

Bicos

 
Ás 03/07/09, 22:18 , Blogger An dixo...

eime de enterar diso da liberalización das compañias...eu supoño qwue podes camviar de calquer xeito. SAúdios e si, é penosa :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio