leoeosseus

Tuesday, 11 August 2009

A Costa da Morte: que bellesa !

Esta fin de semana foi de facer quilómetros pola Costa da Morte para mostrarlla a dúas amigas de Costa Rica.

Muxía e o III Mercado das rutas do mar.





Camariñas coas súas palilleiras e outras artesanías e festa de aniversario dunha conserveira.



Os virandelos do cabo Vilán co seu zunido.



O propio e maxestuoso cabo Vilán.


O cemiterio dos ingleses e a enseada do Trece coa duna xigante do monte Branco e o vento omnipresente.



O museo de Man en Camelle co solpor e frío.



A vista dende un restaurante de Fisterra cun lentísimo xantar.


O castelo de Vimianzo co eco das palilleiras no interior.



E tamén foron tortillas e viños albariños, " tamburinas " e " lancetas ", cancións do Leo e muitas " habladeras ". En definitiva, unha fin de semana para lembrar.

Labels:

13 Comments:

At 11/08/2009, 07:49 , Blogger HADEX said...

Sí, a Costa da Morte é sobrecolledora e fermosísima....Teño moitas ganas de ir de novo...

 
At 11/08/2009, 08:15 , Blogger Eva G. Rei said...

Que envexa! Eu tamén agordo ir logo novamente.

 
At 11/08/2009, 10:35 , Blogger Meninheira said...

A min tamén me dan ganas de ir ! :)

 
At 11/08/2009, 11:32 , Blogger Carlos Sousa said...

Non me quedo atrás coas gañas, despóis dunha fin de semana no interior (Viana de Bolo), non viría mal un pola nosa famosa costa.

E sempre estamos, "A ver se para a semana..." "Un día destes..." Xa caírá outra vez.

 
At 11/08/2009, 11:58 , Anonymous Anonymous said...

Gracias Ana, Pedrito y Leo por un fin de semana maravilloso. Aunque nos dieron mucha pena las lancetas, los tamburinos estaban deliciosos y la compania de tu familia inolvidable. Que Dios me los bendiga siempre por su generosidad y gran corazon. Los esperamos en Carolina del Norte y Costa Rica. Besos, Maria Laura y Maria. Leo, muchas gracias por las canciones tan bellas de chocolata y sal y azucre....

 
At 11/08/2009, 12:37 , Blogger Moraima said...

O lugar é precioso... en duas semanas nós marchamos de vacacións, e o voltar querñiamos quedar pola Costa da morte un dia, e despois de ver as fotos... ganas non nos faltan... Unha aperta

 
At 11/08/2009, 17:08 , Blogger elvira carvalho said...

Me desculpe a ignorância, mas onde fica a Costa da Morte? Conheço a Costa Brava, e Costa Verde, a Costa Azul. Mas não sei onde fica a Costa da Morte. De qualquer modo a julgar pelas fotos é um sítio muito bonito.
Um abraço e bons passeios

 
At 11/08/2009, 18:29 , Blogger abueloscrisytoño said...

Nós percorremos moitas veces a costa da morte. Son unhas terra magnificas. O mar case sempre esta bramando pero eu tiven a ocasión máis dunha vez de velo en calma e tamén impresiona o seu horizonte tan azul. O cemiterio dos Ingleses? Tantos mozos morreron aquela noite de tormenta. E as anécdotas de todo o que traía a mar logo da tempestade, como nunha ocasión contan chegaron á praia cheas de botes de leite condensada, os aldeáns descoñecían o idioma e pensaron que eran botes de pintura e empezaron a pintar as fachadas das casas ata que alguén lles dixo que era leite condensada

 
At 11/08/2009, 21:26 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Fermoso percorrido. A tua fin de semana foi moito máis interesante ca miña desta vez. Tocoume quedar pola casa...

 
At 12/08/2009, 08:52 , Blogger Eva G. Rei said...

Parabéns. Acabo de atopar un enlace ao teu blog no blogomillo de Vieiros.
(por certo que o outro día tamén atopei un enlace ao do snl meu).
Xa somos importantes!

 
At 12/08/2009, 12:06 , Blogger Merce said...

Fai nadiña estiven por esas terras, que fermosas. Ainda teño o campamento levantado no camping de Caveiro en Porto do Son, todos os venres voume cara alá, cunhas ganiñas...

Non é por nada, pero que fermosa é esta nosa terriña :)

Moitos saudiños e bicos :)

 
At 12/08/2009, 20:38 , Blogger Mr Tichborne said...

Precioso todo, chegaches a Laxe?
O verán pasado fixen moitos deses roteiros, este non toca... que envexa.
Un saúdo

 
At 15/08/2009, 06:48 , Blogger TXARI said...

Que coincidencia! eu fixen exactamente o mesmo roteiro há quince días nas minhas vacacions estivais na terrinha! , a diferenza é que eu son dalí..hahahaha, malia isso segue abraiandome! alédome que lhe goste á gente!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home