Pintada reivindicativa
Eu acostumo fixarme nas pintadas porque pode ser que apareza algo curioso ou simpático entre tanto borranchón sen xeito. Descubrín esta nunha parede dunha igrexa que di: " Na minha cama nom manda ninguén ". Fíxome graza a pesar de afear a parede. Agora habería que ver a cara do cura cada vez que pasa por diante.
Etiquetas: curiosidades IV
11 comentarios:
Vaites!! Parece que me soa a igrexa! Cal é o "problema", que o cura pasará por alí unha vez cada ano, pois é a capela dos Remedios e me parece que alí soamentes fan misa neses días.
Dende logo a pintada ten o seu aquel, e afean de carallo a parede (cousa que me fastidia), pero non deixan de afeala máis as tres sináis que hai ó lado, e iso que unha é dun camping que me parece que xa non existe.
Xa ves, festa rachada en San Roque, se che cadra ven tomar unha cañita. Volto a dicir, magoa que non estou!
Está xenial!! :D
O cura estará de acordo totalmente, na súa cama tampouco debería mandar ninguén ;-) jajaja
A botella chegou en perfecto estado :-)) Graciñas !!
Apertas
Ole.
Pois eu non podo dicir o mesmo. Na miña cama manda patrón, i eu son mariñeiro.
Aparte disto non me gusta nadiña que se escaralle todo canto hai coas ditosas pintadas.
saudos
Supoño ,xa que é del,non lle gustara que cheguen os da fora a invadir o seu territorio,e menos os de negro.
A capela dos remedios non ten culpa de nada.
Ae unha pintada na igresia da parroquia de Alxen,que cando paso sempre me da rabia,non polo significado, se non donde esta situada, xa que a de haber sitios mellores e unha magoa.
A saber quen manda na cama do cura!!!!
Eso escribiuno un tipo que non ten muller, senon polo carallo escribía eso. Xa che digo!!!
Fixome rir a pintada... creo que o que dixo o raposo é unha gran verdade ;-)
Unha aperta.
Antón.
Unha boa pintada, curiosa, graciosa e sen necesidade de insultar. As palabras xustas no lugar correspondente, aínda que afean a parede.
mandar...mandar...o que se diz mandar... um dia um ao outro o outro...
beijos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio