leoeosseus

sábado, 3 de outubro de 2009

Igualdade na illa


Hoxe fomos en barco á illa de San Simón que había unha xornada de igualdade de pais e nais e fillos e fillas. Houbo unha charla para os pais mentres os nenos tiñan contacontos e eu aprendín da vida dunha muller pirata: Mary Read. Logo houbo obradoiro de danzas do mundo: " caracolillo " do Ecuador, baile grego, country, danza do ventre, baile de Hawaii ( os movementos son como unha linguaxe de signos ) cunha canción de Elvis Presley para rematar con baile galego ( a rapaza ergueu a saia e mostrou os pasos e sorprendeume o movemento que hai debaixo desas saias ). Logo houbo obradoiro de cociña pero xogando: o cociñeiro tiña os ollos vendados, o axudante tiña as mans atadas e foi simpático ver dedos dentro da maionesa ou xoubas no cacharro do queixo fresco. Logo tocou o xantar con mexillóns, pasta, xamón asado e tetilla con marmelo ( foi mágoa a falla de café ) . Ata as seis houbo xogos ideados por un home que semellaba un inventor simpático. Fíxoos con chatarra, pelotas e pintura de cores. Ás seis houbo un cuarteto feminino que tocou música composta por mulleres e, ao remate, tocou montar no barco de volta cando empezaba a chuvia.
Foi un sábado distinto e o Leo desfrutou co seu amigo X.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 03/10/09, 23:49 , Anonymous paidovento dixo...

Seguro que o pasastes mellor ca nós, aturando o balbordo das atraccións mentres os nenos ían nelas.
Mirámonos!
PD.: vexo que te cansaches dos comentarios chineses e puxeches un anti-spam.

 
Ás 04/10/09, 01:32 , Blogger Barreira dixo...

A verdade é que a pinta tena moi boa. E o entorno inmellorable.
Alegrome de que o pasarades ben.
Saudos.

 
Ás 04/10/09, 13:33 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Iso si que se pode chamar un día redondo, non como os meus ultimamente.
Da gusto pasa un día así, aparte de ser moi san os rapaces, e non tan rapaces, pásanno moi ben.

Un saúdo.

 
Ás 04/10/09, 17:57 , Blogger Unknown dixo...

Ainda onte, falaba co unha amiga da illa de San Simón. Se que facen unhas excursións gratuitas ( previa marcación) e tenho moitas ganas de ir.Quen foi conta que es impresionanta a visita mentras ves e escoitas a historia da illa.

Alegrome que o pasarís ben.
Bicos

 
Ás 04/10/09, 23:34 , Blogger Eva G. Rei dixo...

A ver cando explicas de onde partiu a actividade e como vos enterastes, que hoxe co balbordo das atraccións non puidemos nin falar...
O de igualdade sóame a bipartito, non?
Busquei na web da Fundación Illa de San Simón e tampouco aparece nada.

 
Ás 05/10/09, 13:12 , Anonymous Anónimo dixo...

Totalmente de acordo niso de iren nenos e nenas sabendo desde pequenos que son iguais e que están un ao lado doutra e non enfrontados
Por outro lado, tamén eu teño ganas de visitar San Simón

 
Ás 05/10/09, 14:03 , Blogger LM dixo...

qe bom que o leo desfrutase num lugar tam lindo...

 
Ás 05/10/09, 18:08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Polo que vemos un dia completiño.
Saudos
A.Cris

 
Ás 05/10/09, 23:11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Estiven en San Simón fai tres ou catro anos. Cando se celebrou alí o "Ano da Memoria". Quedei impresionado.
E gustoume coñecer a historia e o acontecido, contado por boca dalgún dos supervivintes.

 
Ás 06/10/09, 17:28 , Blogger Mer dixo...

¿ e douvos tempo a facer todo iso?
a verdade é que a iniciativa está moi ben, os nenos seguro que o pasaron xenial e os maiores... coma nenos.

apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio