Wednesday, November 18, 2009

E pasou unha semana...


Traballo, despedida dun que se xubila, treboada, gripe, repouso, leituras e poucas gañas de sentarme diante do ordenador mantivéronme apartado deste mundiño.
Procurarei reaparecer.

12 comentarios:

abueloscrisytoño said...

Gripe? xa me parecía que estabas moi tranquilo. Coídate moito.
A.Cris

An said...

Acouga meu, o primeiro é o primeiro, e un e os seus sempre son o primeiro. Saúdos e apertas

Zeltia said...

todo iso nunha semana?
pois sí que che cunde!

xa recuperado logho?
sana, sana culito de rana

Shucran said...

Xa marchou a gripe? Espero que si.
Gustoume a foto.
Saúdos!

Bolboreteira said...

Pois a poñese bo e sobre todo a non estresarse.Ante todo moita calma.
Sempre te esperamos por aquí.
Un bico sanador!

brabido said...

Despedida de un que se xubila,xa lle fariades unha boa festa,o tempo desta semana pasada deu pa moitas cousas.

Saudos

Carlos Sousa said...

Como din todos, o primeiro é o primeiro. Peor son eu, que levo tres semanas sen escribir nada, e si que lle topo a falta. O peor é que non se me ocurre nada de xeito.
Apertas, a cuidarse.

fonsilleda said...

¿A gripe foy a A?. Nin ti nin ninguen, temos obriga de encher esto ¿ou si?
Bicos.

Chousa da Alcandra said...

Como a vida mesma. Que é o que é...

Alédame "verte" de novo ó pe do ca..digooo, teclado

Kaplan said...

Non se preocupe, vaia e veña, como facemos os máis; nós aquí estamos.

vermella said...

pois si aínda coa gripe fuches que de facer tantas cousas es un heroe...
a mellorarse!

Barreira said...

Como din por ahí, "despois da tempestade, ou da treboada, ven a calma".
Asi que pouco a pouco seguro que te imos ver mais por aqui.
Saudos.