Ágape
Este ano, como hai crise, a cesta de Nadal da empresa vén máis lixeira e, en troques do xantar cheo de zamburiñas feitas de tódolos xeitos coñecidos; houbo un ágape nas instalacións da Torredocaminho. A comida non foi copiosa pero o xamón estaba delicioso e o queixo curado tamén. Probei o viño Triskel dunha adega famosa en Arbo e o viño escumante de moscatel feito en Valencia de marca Reymos.
Só espero que para o ano non haxa crise e se poida repetir todo e con máis abundancia.
Etiquetas: traballo II
17 comentarios:
Pois nada, que aproveite a pesar de todo :-)) e que se cumpran os teus desexos, que sería bo para todos.
Que pasedes un bo Nadal.
Apertas
Imos acabar todos cebados coma o porco de San Antón, con tantas cuchipandas (con crise e todo).
Apertas dende a Chousa
Iso esperamos todos, que os brotes verdes aparezan por onde queira que sexa. Canto ao ágape, se o pasou ben e o xamón estaba bon déase por contento; eu este ano espero safar de novo da cea do traballo.
Pois con crise ou sen ela as comilones seguen, así que a desfrutalas-
Bicos
As ceas siguen. Eu este venres tiven a da empresa, que por segundo ano fixose na casa do xefe (Iso si que debe ser crise...), pero ó ir a tomar uns cacharros alucinei coa de xente que había. Cantidade de pandillas, que coma nós viñan celebrando a festa.
O importante é pasalo ben, e que mellore a situación.
parece que quedaches con fame!
:-)
pero se había xamón e queixo bos, e viño aínda mellor aínda...
compaña e conversación, non se pode pedir máis!
Uff! o noso tamén foi un agapé deses logo, feito no centro de traballo e preparado por un dos cociñeiros do mesmo centro, e nada de xamonciño e eses luxos..a crise que nos apreta , parece ser.Aínda así non hai queixa, pasámolo pipa!
Bicos!
É mellor pouco a nada ;) este ano o aguinaldo por aquí tampouco foi gran cousa mais en algo axuda!
Felices festas!
Sorte tes,eu levo tres anos sin cesta,tamen traballei nunha empresa que nunca deu nin da,xa que sempre decian,os xefes,que non estaban obligados e con a paga extra xa era suficiente,que a difrutes coa tua familia.
O importante neste caso é o feito, porque xa sabes que en moitas empresas non dan nada. Así que a gozar dela...
Pola miña parte, téñovos gardado un almanaque e dous marcapáxinas. A ver se quedamos para a semana (xa sabes que Noite Boa e Nadal imos onda as familias). Apertas e Bo Nadal.
Felices festas! desexámosche todo o mellor para ti e a túa familia neste ano 2010
Sinto non ter chegado antes.
De todos os xeitos, deixo meus mellores desexos para as festas e o Aninovo.
Bicos.
Bo Nadal......
Por certo, atopei noutro libro de vellas fotos, unha, non varias que seguro vanche gustar, sobre xogos de rapaces- "O Pinche carneiro " o chamaba eu .¿Sabes como é?.
MEllor mandoche as fotos, cando poida, Non che apures que non me esquezo.
Unha aperta
Que pasaes unhas boas festas aínda que sea sen zamburiñas. Apertas
eso, o que di suso
:-)
Unha aperta de Nadal para vos!!!.
:)
Vaia! Mira a quem temos aqui, ao "demócrata" que lhe molestam os locais nacional-socialistas.
Eu sei doutro par de locais no Porrinho que som "comunistas" e "capitalistas", queres denunciâ-los aqui também?
Sangue e Terra!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio