Viaxe en avión
O primeiro " asalto " do Nadal rematou e alá marcharon os foráneos todos. Os derradeiros foron os norteamericanos que xantaron aquí antes de seguir viaxe para coller avión. O xantar foi bo e de alimentos que alí dificilmente proban coma o polbo, o chourizo e bacallao. Todo regado con viño da casa e pan un chisco diferente ao norteamericano. Houbo charlas e aprendín que as criadillas chámanlles " mountain oysters " ( ostras de montaña ) por aquelas terras.
Agora quédalles a volta agrisada polos atentados aéreos e con medos e seguridade máxima. Os nacidos norteamericanos non son sospeitosos pero os estranxeiros ou nacionalizados alá xa é outro cantar. Menos mal que o presidente Feijoo mandou a Galician Born Security Cart ao tío Pepe cando foi das eleccións xunto coa propaganda política. Nesa Carta, de validez internacional, otórgase unha especie de título de garantía personal onde o titular consta como persoa legal e fóra de sospeita á hora de seguridade nacional contra terrorismo e delincuencia. Para que logo se fale mal de Feijoo !.
Así que agora só queda desexarlles bo retorno.
Máis información sobre a Carta aquí.
Etiquetas: familia II
9 comentarios:
Unha no saco ! Eu xa vin a carta ;-)
Bicos e que comecedes ben o ano.
Que teñades un moi bo ano. Bicos pra toda a familia
¡Os mellores desexos para 2010!
Eu tamen fun ver a carta. Nunca tal cousa pensaría eu por min mesmo de Feijoo. Manda carallo!
Nunca tal pensara eu, coitadiña, que faría Feijoo.
Cousas veredes.
Bo ano.
O que é a curiosidade, eh?
Moi bo o gancho da carta do Feijolito... xa me parecía a min raro que ti defendeses algún políticos... En fin, despois de anos sen facer nin recibir ningunha inocentada este ano fíxenlle unha ben boa ao home e logo recibín eu outra boa del e por riba a túa.
Quererá dicir algo?
Vémonos este ano ou para o ano que vén?
eu, por suposto, non fun ver carta ningunha!
qué bo nadal pasastes con eses intercambios culturais... e culinarios!
¿e tí cando andiveches por as lonxanas terras probaras as ostras esas da montaña? :-)
HAHAHAHA picamos, picamos!!!!
(aínda a vin hoxe)
Un bico e feliz aninovo (eu tamén agardo que este sexa bo!!)
Estupenda a carta non digo nada do contido para que os próximos poidan lela e sorprenderse. Bicos. A.Cris
Hoxe que esta Antonio só na tenda voulle a dicir que a lea para que se entreteña
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio