Wednesday, January 13, 2010

Cantinela das primeiras letras


O Leo está a aprender a ler as primeiras letras e sabe ordear as do seu nome. Agora teremos que xogar con cada vez máis letras e que vaia millorando. Se non soubese ler cantaríanlle por todas partes " AEIOU borriquito como tú que no sabes ni la U " pero por Arbo din doutro xeito que eu descoñecía e que habería que recuperar para o galego: " AEIOU se non sabes vouche ao cu ".

10 comentarios:

Manuel L. Rodrigues said...

ei paideleo:

Gárdame ese libro oh!!!

Estes días ando tan liado que nin sequera tiven tempo de enviarche o enderezo.

A ver se hoxe pola tarde.

Apertiñas

Dilaida said...

É bo que tamén aprenda en galego.
Bicos para Leo por ser tan aplicado.

Carlos Sousa said...

Jeje, como escoite isto meu socio Beni, non sae de Arbo...

Agora é cando empezan coas letras e a colorear. Espero que teña máis paciencia ca miña, que o pintar ponse nerviosa e acaba embadurnando todo.
Apeertas

Shucran said...

Que rápido aprende o Leo! Eu tampouco sabía o do "AEIOU".
Apertas.

♥ meninheira said...

Tédeslle que mercar letras soltas! de imán, de madeira,... hanlle servir para moooito tempo :)
De de aquí a que comece a escribir o seu nome va pasar nada, xa verás :D

biquiñosss

Kaplan said...

A miña, que empezou coas letras moi cedo, sabe xa ler perfectamente (con certeza mellor que algúns alumnos meus de secundaria); agora estoume acostumando a que me revise os libros que leo e me faga recomendacións dos que lle gustaron a ela.Etapas

Eva G. Rei said...

Aghora vai ser neghra! Se xa lle gustaban os contos en canto lea verás...
O recitado coñecíao na versión: "AEIOU, catro azoutes no teu cú"

zeltia said...

eu o recitado non o coñecía.

como vai medrando o leo; agora que xa fixo a descuberta de todos os miragres exteriores e cotiáns,
comenza a descuberta de sí mesmo tamén,
a sorprenderse coa sua entidade de leo.
todo moi bonito para vivir,
paideleo

An said...

Saúdos meu
xa me gustou isa canción a ver si a lembro nuns anos.

Chousa da Alcandra said...

Si si, mercádelle letras como di Meninheira; así non escribirá polas paredes...