leoeosseus

mércores, 27 de xaneiro de 2010

Corenta meses


E o Leo chegou aos corenta meses ou tres anos e catro meses. Progresa en tódalas facetas tanto social como fisicamente. No cole leva uns días traballando muito e a profe está contenta. Na casa e fóra pórtase ben e vai pedindo as súas necesidades. Gústalle xogar con " plasti " e cos coxíns do sofá e cos monecos, tanto dinosaurios como monecos novos como o Grúfalo que lle regalou abuelacris. Segue tolo polos contos e agora mira na tele e fala con Dora a exploradora. No falar de cada vez mete máis español e sabe contar en inglés ata dez que aprendeu na escola.
E agora vou pór unha historia exemplo desas que inventa xogando, neste caso co Grúfalo dentro do vaso que fai de gorro e as zapatillas que fan de coche ( na foto ).

" Vou ir de visita. Ola, amigos, que tal ?...Con sus coches... Que fai o Grúfalo ahora ?. Son o señor... Que fai agora ?. Que era yo. Serías ti. Ya sé, una cousa vou facer, despóis taparme, vou facer unha cousa. Ser una un petilo, eso es una cousa. Ola, sou o señor pitito. Ui, casi me caio !. O borro ( gorro ) petito está aquí. Ya sé. Este gorro pitifón. Rum, rum. Como sou un señor do revés que feo soy. "

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 27/01/10, 23:44 , Blogger Merce dixo...

Corenta mesiños cheiños de felicidade, quen dira xogar coma il, e que idade mais fermosa ten. Dasme algo de envexa... jajaja

Un bico enorme para Leo :)

 
Ás 28/01/10, 09:21 , Blogger Dilaida dixo...

Como te despistes dentro de pouco, nun nadiña, Leo xa che está pedindo que o deixes saír ata as 3 da mañá.
Bicos

 
Ás 28/01/10, 09:55 , Blogger Unknown dixo...

Esta feito un home, e a minha filla tamén fala co Dora a exploradora.

Bicos e que medre asim de ben sempre.

 
Ás 28/01/10, 11:24 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Menuda imaxinación que teñen, da gusto escoitalos coas súas paranoias. E como aprenden.

Dalle un bico de parte da miña filla, que xa sabes, hai que ir facendo as beiras e hoxe en día tíranse os paxaros ás escopetas...

 
Ás 28/01/10, 13:34 , Blogger Paz Zeltia dixo...

entretenidísima a conversa, moi surrealista.
a min quédanme tan lonxe eses tempos de nai de pequeniños,
que ata tiven que facer memoria de cando o meu "neno" tivo control pleno sobre os seus esfínteres, jajaja

 
Ás 28/01/10, 13:47 , Blogger Bolboreteira dixo...

Que apresa medran, pero parece que ti estas a disfrutar tanto coma él cada cousa nova que descobre.
Encantoume o conto..indescifrable para nos pero eles ben se entenden.
Bicos para pai e fillo.

 
Ás 28/01/10, 15:49 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois eu penso que deberías presentarlle o Leo a Feijoo. Este rapaz é perfecto para unha Dirección Xeral!!! (Eso mínimo)

Apertas

 
Ás 28/01/10, 17:17 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Iso de ser feo porque é un señor do revés é toda unha filosofía de vida...
Son fermosas esas parrafadas que bota o Leo, e tamén a castrapada que fai... Lémbrame á nosa Uxía que dicía cousas como: "papá móllame o pelo porque estoy espelujada", ou "la profe me berró y chorei".
Que siga medrando san e feliz. Bicos.

 
Ás 28/01/10, 18:25 , Blogger BRABIDO dixo...

O Leo vai pa director de cine.

Apertas

 
Ás 28/01/10, 19:28 , Blogger fonsilleda dixo...

Meu pai dicia que porque terían que medrar.
Feliz pai de Leo.
Bicos

 
Ás 28/01/10, 21:12 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Moi bonito, o rapaz promete cando nos deamos conta temos a competencia encima.
Bicos
A.Cris

 
Ás 31/01/10, 23:35 , Blogger paideleo dixo...

Merce: pois eu xogo co el aomesmo sen problema ningún. Mesmoempezo historias simpáticas para que el as siga.
Dareille o bico.

Dilaida: e se pide inda vou ter sorte. Por sorte parece ser mui caseiro, de momento...

Ana: que saibas que me inspirei no conto contado pola túa filla no Nadal para anotar conversas destas que ten o Leo.

Carlos Sousa: ti has de sabelo ben, claro.
Dareille un bico de Aniña logho.
Gustoume o dos paxaros que se boten ás escopetas.

zeltia: eu estaba alí e máis ou menos entendía de que ía a cousa pero era surrealista.
Eu anoto todo isto precisamente para non esquecelo e que quedo de lembranza para o Leo.

Bolboreteira: pois claro que desfruto e gústame a cara que pon cando lle explico algo e o caso que me fai,de momento.

Chousa da Alcandra: Non creo. Eses postos xa están collidos por xente máis competente ca o Leo, ironicamente falando,claro.

Eva G. Rei: eu penso que é un motivo máis para ser distinto e, en consecuencia, feo.
O castrapio que fala hai veces que mete medo pero prefíroo ao monolíngüe castelán.

BRABIDO: para guionista de series B máis ben ou de ciencia ficción.A ver se lle vale para coller boa moza.

fonsilleda: supoño que será triste velos cambiar e para mal muitas veces pero tódalas etapas da vida son boas e hai que verlle o lado positivo.

abueloscrisytoño: esta xeración vén pisando forte e rápido. Eu penso que de cada vez máis.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio