leoeosseus

sábado, 6 de febreiro de 2010

Bichicoma e guai


Tódolos idiomas son esponxas e tanto reciben como dan. Un exemplo pode ser a palabra " bichicoma " que provén do inglés " beach comber " ( na foto ) , ou sexa; rastrexador de praias en busca de obxectos de valor e que no galego da costa ( zona de maior contacto con mariñeiros ingleses ) pasa a significar persoa que vive a conta dos demáis. Dise en Corme, Palmeira, Moureira e Marín e non sei que máis sitios e ata un blogueiro parado alcumábase así.
Buscando ligazóns topei coa etimoloxía da palabra " guai " que eu cuidaba que viña do inglés pero parece ser que vén do árabe.
En fin, cousas veredes !.

Etiquetas:

18 comentarios:

Ás 07/02/10, 11:38 , Blogger An dixo...

Curioso esto de las palabras, como lo que dices de las cachuchas, como todo, supongo que empezo siendo algo despectibo...supongo, por que la RAE le da varios significados.Saúdos

 
Ás 07/02/10, 11:50 , Anonymous Anónimo dixo...

Ao parecer, nalgúns lugares de Andalucía chaman "guachineis" aos turistas estranxeiros, nomeadamente de fala inglesa. O motivo é a pregunta "what your name?"

 
Ás 07/02/10, 13:34 , Blogger fonsilleda dixo...

Como ti ben dis: "cousas veredes"...
Bicos

 
Ás 07/02/10, 14:19 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Estás feito un filólogo de carallo.
Os amigos da Cía do Ruido teñen un tema que se titula "Bichicomas"; nunca reparei moito no nome, a verdade...Pero agora que o dis, encaixa!
Apertas

 
Ás 07/02/10, 15:28 , Blogger Bolboreteira dixo...

Bichicoma é a primeira vez que o leo, non coñecia ese termo nin o seu significado.Será poque son do interior...
O de guai, si que me sorprendeu, tamén pensaba que proviña do inglés.
Interesante.
Un bico

 
Ás 07/02/10, 20:22 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ah, que guay esta serie das palabras!
ah non, que teño que dicir que guapa

 
Ás 07/02/10, 23:48 , Blogger Raposo dixo...

Pois xa sei un par de cousas masi.

 
Ás 07/02/10, 23:49 , Blogger Raposo dixo...

Mais, quixen decir!!

 
Ás 08/02/10, 00:37 , Blogger vintxuca dixo...

Iso é como o de "ir a todo filispín" que ven de "full speed" jajajaja!!!!
moi bo..... apertas grandes!!!!

 
Ás 08/02/10, 17:27 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Bichicoma non a coñecía. A historia da palabra guay, ten a súa volta. Quen ía dicir que se introduciu polo hachís. Ti o dis, "cousas veredes"

 
Ás 08/02/10, 20:48 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Es un fenomeno con catro palabras dás ti mais información que un dicionario.
Saudos
A.Cris

 
Ás 08/02/10, 23:18 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Es un pozo sen fondo... de sabiduría.
A min pasoume como a Chousa que o único que me soaba era a canción da Cía do Ruido: "bichicomas, do carallo". As voltas que dan as palabras, eh?
O que di Kaplan lémbrame que por Allariz chámanlle "os jolines" aos emigrantes que están en Euskadi, que cando veñen no verán non fan máis que dicir "jolín".

 
Ás 09/02/10, 17:07 , Blogger Merce dixo...

Bichicoma!!! nunca tal oira... :)
e o de guai, pois a verdade nunca me parei a pensar de onde viña, pero mira ti, do arabe!!! ufff

Non te deitaras... :)

Biquiños

 
Ás 09/02/10, 21:04 , Blogger BRABIDO dixo...

Non tiña nin idea da primeira,nunca a escoitara,a segunda si a coñezo
Sorte

 
Ás 09/02/10, 23:39 , Blogger Suso Lista dixo...

Dou fe de que en Corme dewcimos Bichicoma, je je. Un forte abrazo

 
Ás 10/02/10, 15:23 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

É a primeira vez que escoito (leo) este vocablo. Verdadeiramente a lingua é algo ben rico en matices e máis universal do que algunha xente quere facelo.
Un saúdo.

 
Ás 10/02/10, 18:32 , Blogger xenevra dixo...

O noso maior legado son as palabras. se aínda encima veñen acompañadas da súa historia xa é un luxo. Como é un luxo vir por aquí para ir aprendendo de todo o que contas.

 
Ás 11/02/10, 21:22 , Blogger paideleo dixo...

An: quen sabe !.

Kaplan: curioso o que contas. Eu sei que porco en sueco soa parecido a " guiri ". Terá relación ?.

fonsilleda: eu nunca deixo de marabillarme.

Chousa da Alcandra: para iso ía estudar se non me pillase a idade tola da xuventude.
Agora podes entender millor o título da canción.

Bolboreteira: a verdade é que non se di pola zona onde vivo pero sei desa palabra por terceiros.
Eu descubrín tamén estes días que guai non viña do inglés.

zeltia: a min guapa sóame a Asturias. Creo que quedei estancado no guai.

Raposo: sempre é bo saber. Alédome.

vintxuca: igualiño, si. Ou como " brus " que lle chaman ao cepillo por zonas da costa e que vén do inglés " brush ".

Carlos Sousa: as palabras significan o que interpretemos e daí poden saír e, de feito saen, multitude de significados.

abueloscrisytoño: esaxerados !.

Eva G. Rei: tendemos a absorber e adaptar palabras e expresións e poden definir a outra xente. Tamén así chamamos " manitos " aos mexicanos e, que conste, que nunca oín a un mexicano dicir iso. Eles din " pari " de parente.

Merce: se esperamos a saber todo para deitarnos nunca nos deitamos.
Alédome de aledar o teu momento precama.

BRABIDO: por aquí non a dicimos ( para ir á praia temos que coller un coche ).
O da orixe de guai sorprendeume a min e aprendina cando escribín este posteo.

Suso Lista: xa comprobei que tendes un vocabulario extenso e sonoro e alédome de que o confirmes de primeira man.

A Nena do paraugas: non é de extrañar porque o seu uso está restrinxido á costa.
Esta lingua, e todas, son dunha riqueza inmensa. Hai que pensar que o pensamento humano está expresado nun idioma así que se pode imaxinar a complexidade e riqueza de calquera lingua.

xenevra: a min vólveme tolo saber o significado das palabras e de onde veñen. Supoño que será unha curiosidade especial.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio