Corenta e un meses
Neste día chuviñento o Leo fixo tres anos e cinco meses. Como o día estivo así de feo axudou a facer as camas, xogou coas pezas para facerlle un garaxe a Pocoyo, xogou ao cárcere cos policías Po e Dipsy e os delincuentes Patricio, Bob Esponxa, Grúfalo, león, Epi, Blas, Bart Simpson, Bob Esponxa de plástico, os monos e o crocodilo pinto, sufriu o ataque do mostro tiligueiro, leeu o seu nome, Noé, papá e mamá na pizarra ( sabe escribir o seu nome, outro cantar é que o queira facer), pegou cromos de Bob Esponxa, fixo unha casa de coxíns, representou unhas visitas sociais do moneco Quique a Mickey Mouse e Elmo, disfrazouse de pallazo co curmán na casa dos avós, debuxou unha cara, xogou con globos mentres o Colín non lle arrincou un da man, serviu de sobremesa á tía Kasege, xogou aos barcos cunha caixa de cartón e á tele coas escaleiras dos tíos, deixouse levar nunha zorra de cartón polo seu curmán e o seu pai e agora dorme coma un bendito.
Pórtase mui ben, xa pide sempre polas súas necesidades, fala coma un lorito co seu castrapio de cada vez máis castelanizado e vai comendo ben.
Que siga así !.
Etiquetas: leo VI
19 comentarios:
oes hoxe topeille moito parecido contigo ó leo! (pero é ben máis juapo ca tí, jajaja)
está grande, eh, ¿non? a mín parécemo. o meu era pequeno, coma a nai.
por certo que o meu, cando tiña 4 anos, fíxome ter que "aprender a adaptarme", querer igual ó novo neno que foi aparecendo: pegou un cambiazo!
fora un neno pequeno obediente, moi moi cariñosiño, mimosón, e de pronto botou un carácterrrrr, sí si, con 4 anos, empezou a amosar unha forte independencia, desenrolou picardias e "maldades"... ocorrianselle trasnadas sen fin..., vamos, que me custaba ver nel "o meu doce meniño".
despois viñeron moitas outras adaptacións en distintas fases! jajaja (porque iso sí: sempre nos toca adaptarnos os pais ós fillos, non ó revés, ainda que pareza mentira)
pero, ainda xa todo un home, sempre segue a ser o meu meniño de doce mirar...
o leo traballou arreo hoxe, eh!
Eu também lle vexo que se vai parecendo cada vez máis a ti non é? E menudo día leváchedes, aghotoume só de pensalo :D
Biquiñossssssss
Amen, que siga así...é que nos sete meses que lle quedan para facer os 48, sexan sempre ledos. Saúdos
Que siga así, crecendo san e ledo, exactamente, ese sorriso dio todo.
Biquiños para il :)
pois coincido con Zeltia en que se parece a ti, polo menos na foto que tes no blog.
¡cantas cousas pode facer un pequeno nun día!, da medo.
eu xa non no recordo, a miña filla xa vai para os dezanove.
biquiños,
Parabéns para Leo, para seu pai e para súa nai. É unha ledicia ver medrar as crianzas, fortes e inquedas, pero seguras.
Moitas felicidades!
Parabéns para todos e principalmente para o que cumpre os anos; cun día así é normal que caese rendido.
¡Que siga! e non hai dúbida ningunha de que é mais guapo que o pai. ¿É todo a nai?.
Bicos
Non lles fagas caso ás que che din que se parece a ti. A min decíanmo cando paseaba á filla dun curmán dun amigo de meu cuñado...
O certo é que o rapaz está feito un cabaleiro. Logo che ha de botar moza.
Apertas
Concordo coas mozas que din que o Leo se vai parecendo a ti, e en "diresto" tamén, sobre todo cando pon a cara seria e queda observando.
Perdínme polo camiño da explicación de Chousa...
Que siga así moitos anos máis e nós que o vexamos.
En fin, que eu non sei a quen se parece pero, éche ben guapo! e está facendo un traballo de primeira o seu pai xa coñece todos os nomes dos muñecos e iso non é sinxelo.
Está moi guapo e grande.
Que día máis ben aprobeitado e o que nos aburrimos os adultos cos días asi nos que hai que quedar na casa....
Bicos a pai e fillo
Si ten moito parecido contigo ,cada vez mais.
Bicos.
A.Cris
Este blog vai ser un referente pàra os pediatras para amosarlles aos pais recentes cómo evolucionan os nenos e os coidados que requiren. De paso tamén aprenden da experiencia dun pais que nolo vai contando con todo detalle mes a mes.
Outra cousa, como facermos para ensinarlles a lingua sen contaminacións?. Sexa galego ou castelán. Velaí a leria que nos traemos neste impaís.
Moitas apertas pata todos tres.
Parabéns para Leo! Hai que ver o rápido que medran os nenos!
Saúdos.
Noraboa e sí, que siga así.
41 meses xa? hai tanto que visito o teu blog? o tempo pasa que da medo
Vaia sorriso de modelo que puxo para a foto!
E cando nos deamos de conta será el o autor das entradas que falarán do seu pai ;)
Nós temos esa casiña de madeira...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio