O Covelo
Domingo de paseo por terras do Covelo. O cruceiro de Cerviño, un paseo polo campo da feira cos montes de follas recollidas, un cocido con bólo, o fotógrafo profisional que me persegue, a praia fluvial de Maceira onde sustituiron os dinosaurios por un camping (creo), a visita do pazo da Torre que non ten pasadizos secretos pero si muito que mirar e aprender como, por exemplo, a ser rei galego dos xíbaros, o can que defende os cabalos, etc. Todo isto e máis coa compaña de bós amigos pode significar O Covelo.
Etiquetas: viaxes I
12 comentarios:
anda,mira que rácano,
que pouquechiño contas, ainda que moi ben resumidiño.
gustaríame ter visto a casa grande ésa que hai, todo un espazo con legado etnográfico.
Eu tamen lle manden varios cocidos en O Covelo,estaban caralludos.
Saúdos
Achégase un tempo de enchentas de moito carallo. Vainos medrar o bandullo.
(A foto é bucólica de todo. Gústacheme ben)
Pois non che conto as do Deza....O bandullo do Chousa, vaise a quedar mais que pequeno...
A verdade é que entre as paisaxes e os xantares, para que andar buscando delicias moi lonxe?
A foto invita a perderse por ese lugar. Saúdos.
Que bo paseo por unha fermosa terra e con un cocido...
¡Ben feito.
Tes que contar máis, que tirar tiraches moitas fotos...
Hai que volver cando veña a calor para mollar os pés e o resto nesa auga cristalina que ten o Tea por eses lares.
Río abaixo xa non é o mesmo.
E logo, en lugar do cocido, levamos unha tortilla, empanada e viño e a vivir...
dígoche como zeltia, que ben podías contarnos algunha cousiña mais do teu paseo.
pero bueno, alomenos algo é algo.
biquiños.
Tamén significa volver no verán a darse un baño
Un bo domingo, deses ben aprobeitadas.
Bicos
Debeu ser ben boa cousa cando se gardou en frasco pequeno. A foto desa ponte é magnífica
zeltia: en vista da multitude de peticións terei que ampliar o posteo.
A casa foi unha fermosa descuberta.
BRABIDO: pois era omeu primeiro cocido na zona pero creo que non vai ser o último.
Chousa da Alcandra: o bandullo hai que mantelo que fai frío.
A foto tamén me gustou a min.
Angel Utrera: está visto que o cociding é o deporte máis extendido nos domingos galegos.
A nena do paraugas: por iso eu poño a etiqueta de viaxes.
fonsilleda: anque foramos obrigados iriamos contentos.
Eva G. Rei: déboche varias fotos.
No verán malo será que non coincidamos para ir ata alá.
Aldabra: tiña muitoque contar pero con estas palabras lembro todo.
paidovento: pois con Eva G. Rei xa somos tres !.
Bolboreteira: un domingo distinto e ben aproveitado, si.
Kaplan: como sabes, Kaplan !.
A foto estámui ben, bueno mui ben está a paisaxe.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio