Días en Lugo
Lugo pode significar durmir no carril das Hortiñas onde pouco queda da orixe do nome.
Ou xogar nun parque infantil con nenos galegofalantes e abeirado de sebes arrecendentes de loureiro.
Ou decatarse de que hai unha figura dun carteiro no alto do edificio de Correos.
Ou pasear pola penumbra da catedral.
Ou constatar a decadencia de muitas edificacións.
Ou retratar a muller que chama a gatos e pombas cun axoúxere para alimentalos.
Etiquetas: viaxes I
16 comentarios:
Con tanto lea de exposicións teño atrasada a lectura e visita aos meus amigos. Agora espero porme ao día aos poucos e...atópome con esta visita a Lugo tan interesante e co punto de vista dun bo observador, sinxelamente magnifica entrada. Preciosa a foto da Catedral.
A.Cris
Pode significar moitisemas cousas logo... ;-)
Unha aperta.
Antón.
Lugo ten un encanto especial. Na capital, todo un mundo de constrastes, entre o casco histórico e o centro e as novas edificacións do entorno, moitas veces algo anárquicas.
E cara ao norte, na zona de Mondoñedo e Ferreira, o galego que falan as súas xentes, unha sinfonía para os oídos.
vaia que fotos tan bonitas, encantáronme a do reloxo de Correos e a do teu pequeno dentro da árbore.
seguro que pasáchedes un bó día.
biquiños,.
Xa debe haber 3 anos que nos imos por aló, e xa devezo por volver: si que ten algo especial!
E como di a canción: "Son de Lugo, son de Lugo, e non o podo negare, miraime prá miña cara, o leite que podo dare".
Benvidos á casa.
A folla de camelio do Leo está xa a bo recaudo no palacete compostelán... pero que guapo e que pillo é, mágoa non ter máis tempo para buscarlle as voltas e que se soltara un pouco.
Un pracer vervos.
Bicos mil
Encantoume a túa entrada de hoxe, todas esas imaxes que non son tanto iso senón as probas e palabras do que din.
Fai uns días coincidín esperando, cunha nai cunha preciosa filla adoptada, de orixe chinesa e que era galegofalante. Emocionoume.
Non fai falta entrar nunha igrexa ou catedral para ter sensibilidade
Bicos
Ohhhhhh.....que pena non habelo sabido!!!! Cando viñeches????
Fermosa entrada dedicada a Lugo e fermosas fotos.
Lugo efectivamente ten o seu encanto.
Bicos
Xenial a vosa visita. Digo o mesmo que Hadex.
E mira ti que casualidade, eses "hórreos" metálicos na estrada de Portomarín (vía alternativa estes últimos días por mór dun incidente cunha ponte en Guntín), tamén captaron a miña atención o venres.
(Imaxino que non pasaches por Antas; senón...algunha foto tiña que haber!!!)
Apertas
Que día máis completo!! :D Os horreos de Portomarín impresionan, digho eu que os paxaros poderan come-lo millo non?
biquiñossssss
Eu cando podo vou por San Froilan e mandenlle un polbo e unha carne o caldeiro de vicio
Pois si....Lugo Tamen existe, e sobre todo este que ti reflexas, encantoume o reportaxe....As cousas mias importantes son as mais sinxelas.
Unha aperta
unha perspectiva particular e interesante.
xa se sabe,
o punto está na vista
;-)
hai anos que non vou a lugo, e coñezo pouquechiño da súa provincia.
xa vexo a vosa viaxiña moi ben aproveitada,
con relacións sociais e todo
un gusto sempre ver ó leo
Gostei da visita guiada por Lugo. XD
Pois descubrín contigo o castiñeiro do parque dos paxariños e os hórreos que deberían ter aparecido nalgún momento no meu camiño nestes días de roteiro alternativo por mor da caída da ponte en Guntín.
Botei en falta unha foto do paseo do Miño, aló onde engancha co do Rato. E non podo crer que perderas o paseo que leva ata Ombreiro. O parque de Marcos Cela seguro que non sabiades del; total, para o que lle queda. Vanmo tirar en nada para facer unha ponte que nos volva lembrar que Lugo existe pero é difícil chegar aló. ;)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio