Sunday, March 21, 2010

Primavera


Anque o día do pai estivo enturbiado pola mala saúde do Leo e o avóP desfrutei do diploma-calendario que me regalou Leo onde ata me fixo un retrato e sae o mundo: " É o planeta Terra, onde vivimos nós e os veciños. "



A primavera fixo abrochar a camelia agasallo dunha amiga.


O Leo recibe axuda nas súas primeiras rodadas en bici.


E a pelota multicolor descansa na horta convertida en eficaz e sorprendente espantallo.

18 comentarios:

Antón de Muros said...

Disfrutade da primavera e que o Leo estea ben de saúde.

Fermoso o agasallo polo día do pai :-)

Unha aperta.

Antón.

rabudo said...

Unha aperta forte, Pedro. Nós estamos agardando ao segundo para setembro e pensar en que lle poidera pasar calquera cousa, o mesmo que a Ane, é o máis duro que un pode imaxinar. Por eles paga todo a pena.Un saúdo.

Merce said...

Istes agasallos son os que mais enchen a un, alomenos foi o que me pasou a min, e teño caseque todos gardadiños :)

Espero que o Leo se repoña axiña, os pequenos son fortes e teñen moita enerxia :)

Biquiños

fonsilleda said...

Lindo agasallo o do Leo e a Camelia, fermosísima
Unha aperta.

A nena do paraugas said...

As camelias abrochan. O regalo de Leo... un fermoso detalle para non esquecer que os días pasan e que vivimos no mundo. Eu xa non lembro onde están os moitos que foron confeccionando os meus fillos, pero temos un par deles colgados na parede do salón e é unha delicia miralos, pois detrás deles está a ilusión que puxeron ao facelos.
Un bico para Leo e que mellore pronto.
Para o papá felicidades, aínda que sexa fóra de tempo.

♥ meninheira ♥ said...

Mira que xeito lle da xa ás letras :D

Un biquiño :)

Eva G. Rei said...

Fermoso agasallo o de Leo, e por riba púxoche un riso moi xeneroso no retrato. Que mellore a súa saúde.
Bicos.

Bolboreteira said...

Que gañas de primavera de de sol! A ver se ven boa!
Bicos

Maribel-bel said...

Eu creo que o do mellor pai do mundo ata che gustou eh . Un bico

Chousa da Alcandra said...

Imos ter un conflicto, compañeiro. Eu teño un agasallo que contén a mesma frase asinada pola miña nena.

:-)

xenevra said...

El sabe que co seu pai non hai mundo que se lle resista. Sería quen de ir na súa bici, ben abeirado, ata o infinito ou máis aló.
Un biquecho para o Leo, para que se lle pase o arrechucho.

Raposo said...

É a vida que non se detén. Pois a desfrutala.

Aldabra said...

¡vaia chulada de regalo! seguro que che caeu a baba.

bicos,

Kaplan said...

Tamén eu teño un diploma dese día, pero sen calendario e con diferente formato.

Angel Utrera said...

Tes moita sorte....aproveita agora, porque xa o dician os latinos...Tempus fugit. E Leo medra...Despois os pais, pasamos a molestar.¡¡¡

abueloscrisytoño said...

Logo dun tempo sen dar un repaso polos meus blogs amigos (non dou feito) atópome cunha chea de novidades e estou pasando moi bos intres vendo e lendo todas as vosas entradas.
Sorprendeume o do xogador asasino, non me estraña nada que non che quedasen ganas de volver.
Alégrome de ver florecer a camelia, a que temos na casa esta chea de flores adoita ter moi abundante floración xa o comprobaredes co paso do tempo
Saudos A.Cris

abueloscrisytoño said...

O agasallo do Leo recordame os pictogramas de Iago
A.Cris

Carlos Sousa said...

Chego un pouco tarde, espero que Leo xa esté recuperado. Que bonitos son os agasallos que nos fan de pequenos. Así que medran xa che cambia o conto. O meu nin se acordou de felicitarme, xa está máis pendiente doutros temas, jeje. A que me espera.

A disfrutar del.