Nativos e oriundos

Seguimos coa mudanza anque non cambiemos de parroquia pero sí de barrio.
Hai muitos anos percorrín a parroquia casa por casa facendo o padrón municipal e todos acababan preguntando de onde era eu. Cando lles dicía que non era das casas ( como a da foto ) e si dos pisos dicían que eu era oriundo e eles nativos. E levo xa preto de trinta anos vivindo nesta parroquia e non deixarei de ser oriundo e eles nativos porque sigo vivindo nun piso e eles nunha casa. Pero o máis simpático é que non saben que nativo e oriundo significa o mesmo !.
Ata outro momento de vagar.
Etiquetas: lingua V, vilaguindastre II
8 comentarios:
Vai ti saber se os "das casas" de Vilaguindastre lle ven máis énfase á palabra "nativo".
Mesmamente, se a paladeamos un chisco...case parece que teñen razón. E que "oriúndo" ten menos forza semántica. En Vilaguindastre i en Antas!.
Xa imaxino que andades moi atarefados. Xa virán máis intres de vagar despois. Apertas
Ti "oriundo" e eu "inmigrante". Xa estamos de volta, así que se queredes que vos botemos unha man coa mudanza, xa sabedes, chamade cando xa estea feita.
E eu que son, "oriunda", "nativa" ou "inmmigrante"... Creo que podo ser de todo a estas alturas... E como din que a vaca é de onde pace e non de onde nace, xa o teño claro: son porriñesa, que é o sitio onde levo pacendo máis. Pero tamén son "nativa" (referíndose a Portugal)para un colega de Ourense, e pertenzo á "tribu" de Rande (en Perdecanai), segundo o nome que lle dá á miña familia materna un tío político meu.
Podemos quedar mañá, e vós?
Como quen di pata negra e achegados. Ánimo coa mudanza
Ánimo ca mudanza, eu que acabo de pasar por unha o mes pasado, direi que aínda tenho caixas sen desembalar. Bicos de outra oriúnda que trocou de pisinho pero nin de cidade nin de barrio!!!!!
Curioso...a palabra de verificación que me sae é "minto"... pero xuro que é todo verdade da boa!!! jajaja!
Aqui na miña terra chamariante venideiro, ou venidero...depende de con quen falases. SAúdos e apertas meu, e que a mudanza remate logo e ben. Saúdos
Deixo un bico de nativa.
oes, pois eu tampouco o sabía!
(non llo digas a ninguén)
chissssst
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio