Tranquilidade na estrada
Gústame a tranquilidade na estrada e procuro ir á miña velocidade e ser respetuoso e non pitar nin mirando carteis como o da foto ( anque sexa tan tentativos ). Tamén me gusta que os demáis vaian con xeito e educadamente así que cando miro que vén un condutor rápido de máis de frente doulle luces como indicando que hai un control cerca. Encántame ver polo retrovisor como encenden as luces de freado !.
Etiquetas: curiosidades VI
9 comentarios:
qué trampalleiro hihihihi
Eu tería pitado na gasolineira, creo. Claro que tamén é posíbel, coñecéndome, que non tivese visto o cartel. A min cando me dan as luces sempre respondo por se é algún coñecido (son moi mala para lembrar os coches)
pois que saibades que hai lendas urbanas ceibas por aí,
acerca do que vos pode pasar por dar luces a descoñecidos!!
os carteis das bodas pendurados das pontes agora seica os fan interactivos!, aquíiiii
evolucionar ou morrer!
moi bo o cartel!!
a parte disto, hoxe visítoche por outra causa.
Correde a voz, por favor.
Ao meu cuñado roubáronlle o coche onte pola mañán en Vigo.
BMW 320 - Gris claro
Matrícula: 7365-GBR
Por unha serie de circunstancias, a policía xa sabe quen foi e di que seguramente o colleu para ir a algún sitio en concreto e logo o deixaría aparcado en calqueira lugar.
Se alguén o ve, agradecémoslle se poña en contacto neste mail zenkiulove@gmail.com ou que chame á policía.
Eu non tería pitado na gasolineira: máis ben tería feito esforzos por non facer unha barbaridade na gasolineira que me fixese saír na páxina de sucesos.
Como odio estas pancartas!!!
(Síntoo, pero non podo, non podo...)
a mín estes carteles parécenme unha "conachada" (palabra ferrolana cen por cen)... desde logo non pitaría.
biquiños
Concordo con Aldabra, que estes carteis son unha "paxarada", como dicimos na miña casa.
E a ti xa che vale, pillabán! Recoñezo que me fixo moita graza o de dar luces a quen vai demasiado rápido para ver como frean: é xenial!
Ocórreseme algún a quen non lle viría mal que lle deran luces...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Moi boa idea a túa das luces...
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio