Cachinar ?
O portal do garaxe comunal estaba aberto e había este cartel. Como leo todo o que me poñen diante lino e descubrín unha palabra que non coñecía: " cachinar ". Polo contexto pode tirarse o significado pero preguntei no traballo a compañeiros e só un de Redondela sabía o que significa.
Para ti que significa ?. Unha pista: non significa " publicar en Internet ".
Etiquetas: lingua V
19 comentarios:
Emporcallar? Non teño nin idea, morro por saber a resposta!
Fedellar, fuchicar, remexer no que sexa?
Andar argallando? Facer mal?
No dicionario da nosa lingua non vén,
Seguro que ten mestura galego- portuguesa, tendo en conta que a porta queda toda a noite aberta eu creo que é unha palabra que di varias cousas como non esculcar nin emporcallar máis ben pola última.
Grazas pola túa axuda
Bicos para todos
Avoa Cris
eu decántome por non facer mal, non fuchicar ( como di Kaplan) ou mesmo non mexar
Eu non teño idea do que pode ser, pero aposto porque teña que ver con fuchicar, tocar ou amolar.
Agardo impaciente!
Non hai como ter presidentes de comunidade creativos, si señor!.
Polo contexto e por copiar ós meus compañeiros, decántome polo que din Kaplan e seguintes.
Apertas de volta
pois non teño nin idea, nin nunca o tiven ouvido antes.
xa nos dirás.
bicos,
saberás que agora tés que lle ir preguntar ó autor do cartel!!!
(non nos podes deixar así, coma nun coitus interruptus!)
Eu imaxino que é unha palabra nova, no galego non está contemplada e en portugués "cachinar" é soltar cachinadas, rir con mofa, con menosprezo.
Polo contesto eu tamén opino que se refire a "fuchicar".
Bicos
E non siginificará "non romper", referido ao papel de aviso.
En Budiño sempre se usou como sinónimo de fuchicar.
Cachinar? Cochinar?
Eu non che sei, pero creo que a alguén se lle escaparon as vogais ou as consoantes e inventou un vocablo que non aparce por ningures.
Se acabas por saber que quere dicir, dirasmo? Sinto curiosidade polas palabras novas!
Saudiños.
Pois non é emporcallar, nin andar argallando,nin facendo mal, nin esculcar, nin mexar, nin rir con mofar, nin romper; pero ben podería ser.
O significado é fozar, fuchicar, fedellar e meter a man onde non mandan.
Sempre é un pracer topar palabras curiosas !.
EStou con Kaplan. Talmente.
Agora xa vin que o definiches.
Lémbráchesme a nenez
Bicos
Pois debe de ser unha expresión local de Redondela, porque efectivamente, eu si a coñecía, como sinónimo de fozar ou de fervellar. De feito, por algunha razón, a palabra "cachinar" está asociada no meu imaxinario co porco.
vaites oh! Unha palabra máis para o diccionario...
Coñecín a unha persona que dicía "¡cáchina!", en sentido exclamativo, cando algo non lle salía como ela quería.
Apertas.
Xa chego un pouco tarde, pero diría que significa "fozar, fuchicar, fedellar e meter a man onde non mandan", jeje, a ventaxa de chegar tarde.
Pero a todo isto, para min, estas definicións son comparables á de facer mal.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio