Exhibición aérea
Como hai xente para todo xúntanse milleiros de persoas para ver facer acrobacias a uns avións co ruido que fan e o evidente perigo que pode haber. Eu prefiro ver avións quietiños das Aerolíneas Rebordáns porque como di o eslogan: " Somos os que somos " ou mesmo coa asa caída " Os que somos, somos " e eu son o que son.
Etiquetas: curiosidades VI
10 comentarios:
Si señor, pois ten vostede toda razón do mundo, cada un de nós somos o que somos e non o que queremos.
Fas moi ben. As acrobacias e formacións son increibles pero eu, nerviosa, sempre penso no perigo gratuíto.
Creo que foi espectacular, pero eu non fun.
Saúdos
Isto recórdame o de "mas vale pájaro en mano que ciento volando",
ou a súa versión "a bird in the hand is worth two in the bush"
e o avión roto e no chan, é accesible, obxeto tanxible, e non 6 voando en formación cos seus fumes de cores, gastando quinientos mil litros de gasoil de paso.
cala, cala, que eu estaba en Samil ese día (comendo no Macdonals ese, que é visita obrigada cando vamos a Vigo) e dábame até medo!!
Un biquiño e segue a ser como eres :*
A min gustaríame velos, pero so pensar nos atascos e no difícil que é aparcar, sempre me botou para atrás. Meu fillo foi cos seus tíos e as 8:30 da mañán xa non tiñan donde aparcar, había ata triple fila...
Fixeches ben, ese é mais seguro ata sen ala.
REESULTA UNHA imaxe moi divertida, o eslogan tamén axuda.
bicos,
Vaites; lémbrame ese avión aos vistos no museo da Revolución na Habana... Algún día teño que facer a crónica fotográfica desa viaxe (iso si, unha vez remate coa de Grecia). Saudiños e agardemos que a fin non manque demasiado...
Un dia pilloume na plaia o ensayo e cagueime de medo,ejeje
O domingo fun o Verdugo, unha opción mais fresquiña.
Bicos
E eu tamén son o que cada vez ten máis medo de voar nun avión, así que non creo que me vaian ver nunca atendendo como fan acrobacias outros.
¡Ei, ese artefacto está un pouco antes da subida ó Monte Aloia (onde casquei os xeonllos subindo coa bici)!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio