leoeosseus

luns, 27 de setembro de 2010

Catro anos


Pois si. Pasan os días, as semanas, os meses e os anos e o Leo chegou ao seu cuarto aniversario.
Levaba uns días repugnante, canso, caprichoso e cuns medos extraños que non o deixan ir ao comedor do colexio nin montar en atraccións de festa nin ver de cerca aos cabezudos da festa.
Pero hoxe parece que rexurdiu con alegría e bo humor e cántalle o " Cumpleaños feliz " a quen o felicita por teléfono.
Gústame o neno alegre que di cousas como esta que lle dixo á bisavoa Celia: " Aora non que eres velliña. Pero cando seas máis nova podes subir á miña casa que ten muuuuitas escaleiras ".

E mañá inda ten a festa cos compañeiros de clase no parque de bolas !.

Etiquetas:

17 comentarios:

Ás 27/09/10, 21:51 , Blogger Dilaida dixo...

Leo xa é un homiño. É normal que os días próximos ao seu aniversario andase algo intranquilo, catro anos son moitos anos, non si?
Dálle da miña parte un biquiño.

 
Ás 27/09/10, 22:43 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Que suertudo é o Leo, por ter ós seus tan de perto e unha bisavoa que vai ser nova...
Cumpleanos feliz dende Antas, Leo!!!

 
Ás 27/09/10, 22:49 , Anonymous opaco dixo...

gozade con el canto poidades, que se vos escapa :) ...moitos parabéns para leo e os seus

 
Ás 27/09/10, 22:50 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Que grande vai xa o Leo
Esta moi lindo no seu aniversario!
Debias escribir mais desas salidas tan simaticas que ten o Leo!
No tocante aos medos''' qué neno nesas edades non os ten... cada un é distinto.
O meu tiña medo de que houbese un toro no corredor, ero non o dicia, orque el mesmo se daba conta de que a xdente se ía rir... asi que non o confesou ate que foi grande... e asi soubemos or qué durante anos non quería ir só ara o cuarto...

 
Ás 27/09/10, 23:10 , Blogger Unknown dixo...

Felicidades a Leo. Un bicazo para ese homiño!

 
Ás 27/09/10, 23:36 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Dile a Leo, que cando él sexa grande e a bisaboa "pequeniña",que a ten que convidar a larpeiradas, como as que agora le gustena él.

 
Ás 28/09/10, 08:41 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Parabéns e que cumpra moitos máis.
Mira que non lembrarme onte cando nos atopamos na praza!!!
Ben teño desculpa, que estabamos dispersos e desestructurados.
Para a túa información si que veo o P pero non nos topamos e logo reencontrámonos nas atraccións.

 
Ás 28/09/10, 11:49 , Blogger fonsilleda dixo...

¡Que ocorrencia a de Leo coa bisavoa!
Gústanme moito as ideas que se lle ocorren aos nenos, case sempre cheas de lóxica.
Está maior e fermoso.
Bicos.

 
Ás 28/09/10, 19:38 , Anonymous Anónimo dixo...

As ocorrencias de agora en diante van ser a monda, xa verá; tamén as preguntas incómodas.

 
Ás 28/09/10, 21:01 , Blogger Mer dixo...

Súper-feliz cumpreanos!!! Encántame ver medrar a este homiño tan simpático.
Uns bos bicos para o Leo e unha aperta para o pai.

 
Ás 29/09/10, 20:33 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois noraboa para o rapaz e para os pais tamén.
biquiños,

 
Ás 30/09/10, 00:24 , Blogger Torreira dixo...

Como pasa o tempo pai...vai en motocicleta...aínda parece onte cando empezaches este blogue do Leo.Parabens a todos vos polo bo traballo.

 
Ás 01/10/10, 18:43 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Moitas felicidades para Leo e para os seus pais.Un bico moi grande desde Marín
Avoa Cris

 
Ás 04/10/10, 22:58 , Blogger Angel Utrera dixo...

Moitas felicidades, _...
Eu cando vexo estas fotos, recordo con nostalgia cando feciamos os cumples dos meus rapaces, agora xa dezasete David, a catorce MARcos,,pasan de festas de cumpleaños, de tartas, e velas, e de nos....e o que buscan e marchas cos amigos, por ahi....
A vida. amigo, non lle hai que facer...

 
Ás 05/10/10, 07:09 , Blogger Concha L. F. dixo...

Aínda que a destempo e con retraso, parabéns para Leo, polos seus catro anos e por esa bisavoa que se ha de facer nova para subir as moitas escaleiras.

Bicos.

 
Ás 06/10/10, 23:31 , Blogger torredebabel dixo...

Parabens Leo!!!!!!!!!!!!! quedei abraiada co grande e guapísimo que estás! Moitos bicos que chegan do sur do mundo :-)

 
Ás 06/10/10, 23:50 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Incrível! xa catro anos? non o podo crer! aínda ten cara de pequeno, que lle dure moito máis!! :)

Dálle un bico moi grande da miña parte, aínda que creio que chego un pouco tarde non? :)

Bicosss :*

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio