Thursday, September 9, 2010

E pasa o tempo


Reflexiono sobre o paso do tempo e descubro que un blogo é unha ferramenta útil para constatar o paso do tempo e así o ovni que voaba na entrada de Vigo no ano 2006 desapareceu e aterrou para a miña sorpresa nas terras dun concello ourensán.
Este vo pode representar a crise que vivimos nestes tempos: antes criamos voar polo espazo e agora sufrimos a caída na realidade.



5 comentarios:

Chousa da Alcandra said...

O tempo voa igualiño que os ovnis.

(Reitero o embolado que tés na Chousa)

zeltia said...

E que lustre perdeu...
os anos pasan para todos!

Merce said...

Asi que temos un OVNI en Ourense e non me percatei? vaia...

Claro que ti farias moi boas fotos en b/n :) teñen o seu aquel...

bicos

fonsilleda said...

Que cousas. Non lembro o ovni, será un de tantos...
Veña, a facer o meme.
Bicos

Bolboreteira said...

Si que pasa o tempo axiña..e da a sensación de que cada vez máis, así que hai que aprobeitalo ben.
Un ovni en Vigo e que foi parar a Ourense?
Non sabia! qué forte me parece!
:P
Bicos