Wednesday, October 27, 2010

Corenta e nove meses


E segue pasando o tempo e o pequerrecho cambia. Despóis dunha tempada caprichosa chegou a esta onde está cariñoso e está obedecendo e portándose ben. Agora perdeu o medo ao comedor do cole gracias a Maite, a súa profe; e vai contento á piscina cos compañeiros. Está cunha etapa enamorado dos números e conta todo para adiante, para atrás, pon dedos para contar, para sumar, etc.
O outro día dixo que faltaba algo da cociña cando ía para o cole. Eu díxenlle que era a bolsa da merenda e el dixo: " Non, fáltame un bico teu ".
Espero que dure esta etapa !.

14 comentarios:

Xabres da Teixeira said...

É algo moi bonito velos crecer, e todos eses cambios que teñen.Queiman etapas. O problema está en que crecen demasiado e fanse independentes. Grazas a Zeus.
Apertas

A Conxurada said...

Pero que feito!!!! Dan ganas de comelo.

Alís said...

Qué ledicia cando botan en falta os nosos bicos...
A miña filla ten oito meses máis que Leo. Están nunha idade moi fermosa (bueno, como todas...).

Bicos

peke said...

Terás que empezar a contar en anos.

Dilaida said...

Vaia, Leo xa sabe como conquistar ao pai. Dáme a min que é un neno moi intelixente.
Bicos

A nena do paraugas said...

Goza destes momentos o máis que poidas porque un bo día igual deixan de lembrar o bico ao saír pola porta. Ben é verdade que logo o volven recuperar, pero xa é diferente...

Un bico para Leo e parabéns polos seus avances. Tamén para ti, pois tés moita parte no progreso.

Eva G. Rei said...

Gustoume iso de que falta un bico.
Vouche ter que regalar un babeiro...

xenevra said...

Eses son os momentos que valen a vida. Que medre por sempre cos teus bicos pendurados das fazulas!!

Chousa da Alcandra said...

Quédavos unha etapa moi doce aínda. Disfrutádea!

fonsilleda said...

Vexo babas jajajajaja.
Pero e lóxico. Meu pai dicía que non terían que medrar.
Bicos.

Bolboreteira said...

Da ganas de que non medren...¿verdade?
Está para comelo.
Saúdos

zeltia said...

moi bonita a foto do leo.
a min estes posteos teus sempre me producen algo de melancolía
[hai quen lle chamaría envexa, pero non, que estou contenta de ter o meu criado xa]


mais, asi e todo...

;-)

Aldabra said...

¡si que está cariñosiño sí!... o teu Leo sabe moito.

biquiños,

torredebabel said...

nesa pose semella un detective!!! é tan guapo e doce... Apertas aos pais que fan un neno asi de riquiño :-)