leoeosseus

luns, 18 de outubro de 2010

Descubertas varias


Neste domingo soleado puidemos visitar a Papa Noel que aos poucos vai gañando mobilidade para os tempos que se lle aveciñan.


Alí perto descubro unha meda marca Skoda: simply clever.


Este domingo dá para unha visita ao zoo onde descubro un inglés que asusta aos monecos e todo.


Tamén descubro que o becho que ten aparecido pola miña fábrica ten nome e ten uns familiares un chisco especiais.


E non podo pechar este posteo sen a fotografía dos animais que máis gustaron ao Leo.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 19/10/10, 07:44 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

O que máis me gusta é o da meda marca Skoda. Os osos, así de lonxe tampouco me disgustan.

Bicos

 
Ás 19/10/10, 12:55 , Blogger Raposo dixo...

Vaia, xa anda por aí o invasor ese: de Papás Noeles líbranos Señor!!!

 
Ás 19/10/10, 13:10 , Blogger Mer dixo...

Por qué será que os osos normalmente é o que máis lles gusta aos nenos no zoo?
Así que xa anda por ahí Papá Noel, uf, eu onte fun mercar ao Eroski e na entrada está a góndola cos doces, a que en Navidad enchen de turrón, pois a estaban vaciando, ¿ serán capaces de empezar a poñer xa o doce navideño?
En fin, que cada ano o verán alóngase un chisco e a Navidad empeza antes, polo que estámonos a quedar sen outono.

 
Ás 19/10/10, 13:28 , Blogger Bolboreteira dixo...

A última foro tamén é amiña preferida..Un domingo de tempo estupendo moi ben aprobeitado..que mo dera!
Bicos

 
Ás 19/10/10, 15:45 , Blogger fonsilleda dixo...

Fai anos xurei non volver ao zoo de Vigo porque había un oso, como os teus, aínda que máis grande, encerrado nunha gaiola que tería 2x2 m. Non me quero acordar do mal que estaba.
Agora xa sei que mellorou pero aquilo non o esquezo.
Bicos.

 
Ás 19/10/10, 20:40 , Anonymous Anónimo dixo...

Non me gustan nada nin os circos nin os zoos; o papá Noel xa é outra cousa. Nós aquí na casa somos dos Reis, pero benvido sexa o vello tamén (que xa lle falta pouco)

 
Ás 20/10/10, 12:21 , Blogger Paz Zeltia dixo...

¿a ladra?
[na miña aldea tamén lle chaman "ladras" ás que roubamos... digoooo ás que rouban]

e xa ensinando o papá noël?
vai empezar pronto o meu pesadelo: a semana pasada nun centro comercial, oin unha musiquiña ao lonxe que me recordou a unha panxoliña, [puxéronseme os pelos coma escarpias!]

 
Ás 20/10/10, 21:07 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Definitivamente eu sigo a ser un neno tamén: a dos osos é a que máis me mola. Aínda que imprimen respeto de carallo eh

 
Ás 26/10/10, 16:48 , Blogger matrioska_verde dixo...

a mín tamén me gustan moito.

bicos,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio