leoeosseus

domingo, 31 de outubro de 2010

Meigas fóra


Nesta noite de " medo " non hai como o vello esconxuro dun " Meigas fóra ! " botado a tempo. De exemplo vale esta empresa de transporte de Vilaguindastre que leva ese lema por bandeira para evitar a crise e non lle vai mal se vemos a flotiña que tén que non colle nunha foto.
Outro esconxuro famoso é o da queimada que aprendín hoxe que hai xente en Arbo que a fai dentro dun coco, calacú ou cabaza; despóis de baleiralo, está claro.
Seméllame unha boa mistura de Halloween - Samaín que lle acae ben a estes tempos de evolución.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 01/11/10, 00:13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Aínda que non me chista moito o importado haloween, nin tampouco a adaptación ultramoderna do que semella entroido do outono, supoño que son cousas ás que hai que adaptarse.
En calquera caso, o que sí xa non é vello é o de espantar as meigas; xa que habelas seica as hai!

Apertas

 
Ás 01/11/10, 09:17 , Anonymous Anónimo dixo...

Estou con Chousa, e non o digo máis no blogue por non parecer un integrista.

 
Ás 01/11/10, 11:10 , Blogger fonsilleda dixo...

Gustábame o "meigas fora", terei que volver a utilizalo porque tes razón, é como un bo carallo a tempo.
Bicos

 
Ás 01/11/10, 11:54 , Blogger Dilaida dixo...

Xa sabe que "habelas hainas". Din que a ruda é moi boa contra elas o mesmo ca os allos.
Bicos

 
Ás 01/11/10, 13:03 , Blogger Concha L. F. dixo...

Como di Chousa, as meigas Habelas hainas! O caso é dar con elas. Eu coñezo unha moi peculiar que, polo que soña, premoniza que algo estraño vai acontecer no entorno.

Pero sigo preguntándome por que todas son mulleres...

O texto moi acertado. Grazas. E o de "Meigas fóra!", que queres que che diga? nestes tempos non sei verdadeiramente de que lado hai que poñerse. Por se acaso, vou ir polo medio. Se podo e me deixan as meigas.

Biquiños para ti e para Leo. E para a súa nai.

 
Ás 01/11/10, 20:23 , Blogger matrioska_verde dixo...

supoño que con ese lema a empresa irá de maravilla ¿non?
bicos,

 
Ás 01/11/10, 23:05 , Blogger Merce dixo...

Pois si, tes razon, nada mellor que un ¡meigas fora! ben dito (que non bendito).

bicos :)

 
Ás 02/11/10, 09:37 , Blogger Alís dixo...

Ningún conxuro está de máis cos tempos que corren

Bicos

 
Ás 03/11/10, 14:44 , Blogger Paz Zeltia dixo...

uf, cantos anos sen escoitar esa expresión!
o que lle puxo o nome aos camións, debe ser alguén orixinal... ou supersticioso.

o da queimada que contas... non sei eu. debo ser ainda mais integrista ca Kaplan

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio