O poder dos soños
Esta quincena tócame traballar de noite e non teño muito tempo para postear. É como di un compañeiro: " Traballar de noite inda o vou levando. O que non vai tan ben é durmir de día." A min pásame algo parecido e durmo mal e por anacos e o pior son os pesadelos. O outro día espertei porque me regalaba un familiar unha máquina para levantar pedras, ou sexa, para traballar duro. E hoxe espertei porque estaba subindo por unha escaleira de caracol dentro dun faro e había un " simpático " que cuspía pipas e, cando lle botei a bronca, quería pisarme a cabeza cando baixaba. Foi este un soño ideal para coller medo a esas escaleiras e eses espazos pechados.
Para ilustrar o posteo poño esta imaxe dunha rapaza que si ten problemas cos seus soños.
Etiquetas: curiosidades VII
6 comentarios:
Pois mira que ten un problema serio Ana de O Porto, espero que os teus problemas non sexan tan graves.
Bicos
Seguro que o de soñar con máis facilidade durmindo de día ten unha explicación. O de Ana de O Porto...xa o vexo menos doado de explicar!
Apertas
fíxome rir o das pipas [ainda que ben sei que os malos soños de graciosos non teñen nada]
o da nena, manda carallo, e despois din que a xuventude de agora está mellor informada con relación ao sexo...
A mín paréceme que o de Ana de Porto é unha excusa, moi difícil de crer, pero que ela argallou por si colara para explicar o embarazo...
¿Haberá algún libro que recolla o significado de que che cuspan cáscaras de pipas na cabeza?
Bicos
Para Ana: embarazos psicolóxicos ao parecer existen; dos embarazos oníricos nunca antes oíra falar; sábese se a menina usa anticonceptivos ou simplemente soña que os usa?
Para Paideleo: non se deixe abafar, que en soños non hai verdade; claramente se ve que no seu caso son válvulas de escape diante dunha situación laboral pouco desexable. Pronto o vai superar, xa verá.
Ter pesadelo asociase con estados de nerviosismo..
Que pase prontiño
bicos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio