Saturday, October 9, 2010

Para pasar o rato


Nestes días de descanso ata se pode aprender a bailar Axé Brasil, baile que eu descoñecía ata o de agora. Bueno, eu apuntaríame a todo o que organizan aquí menos a un curso de ortografía: esas " exhiviciones " non me acaban de convencer.

6 comentarios:

Mer said...

Vaia!! sempre atopas tí os carteis con faltas de ortografía, xa nos amosaste varios, non? jaja.

O caso é ter en que pasar o tempo, iso do Axé-Brasil non sei eu, penso que quedo co concurso de fotografía.

Apertas

fonsilleda said...

Como fas para atopar esas cousas?
Todo o dia ca cámara ao ombreiro?
Eu alédome de que o fagas.
Jajajajajajaja.
Apertas

Dilaida said...

Xa vexo que tes o ollo ben "fino", iso está moi ben, pero Leo vai ter que andar con tino cando o pai lle corrixa os deberes.
Bicos

Chousa da Alcandra said...

Seguro que as clases tamén son de sanva!

Eva G. Rei said...

As clases non sei que tal serán pero o sitio que chaman "Los murales" coincide no nome e na cor do cartel cunha "casa" que non me parece recomendable...
A non ser que cambiara de donos...
O teu coa ortografía é unha relación de amor-odio, non?

Kaplan said...

Ao fío do que supón Eva, ocórreseme pensar se exhivición non terá que ver con vicio.
En calquera caso, por moito tempo libre que tivese, non creo que me vaian ver o pelo por alí.