leoeosseus

sábado, 16 de outubro de 2010

Unha de arbañiles


Na miña cazata de fotos curiosas non deixei atrás esta pintada de " arBAÑLES FILLOS DE PUTAS ". Tráioa aquí por curiosidade, por querer saber cal será o motivo para escribir isto. Será polos piropos que soltan ?. Lendo na interrede topei uns piropos bestias, bestias que ben merecen esa pintada pero como no medio do esterco podes topar flores aquí deixo algún:
- Dime como te chamas e pídote por Reis !.
- Iso é andar e o resto é estropear o chan.
- Como avanza a ciencia que conseguiron que os bombóns andasen.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 17/10/10, 10:40 , Blogger fonsilleda dixo...

Sei que xa non estoy para moitos piropos, anque xa me chistaría un deses.
Saúdps

 
Ás 17/10/10, 13:30 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O mundo agora estache ó reves, compañeiro. Din que agora os piropos dínllelos elas aos arBAÑILES!!!

 
Ás 17/10/10, 16:50 , Blogger Unknown dixo...

Hai tempo que non me dixen un piropo. Estarei fora de idade, ó va a ser que ten razon Chousa, e teño que decirlles eu ó piropo,jejee

Estoume esmerando có galego,eh!

Bicos

 
Ás 17/10/10, 17:18 , Blogger Bolboreteira dixo...

A min o que máis me gusta é o últmo.
Xa non se estila moito o dos piropos, as cousan anda algo revoltas como di Chousa. :P
Saúdos!

 
Ás 17/10/10, 22:04 , Blogger Dilaida dixo...

Ten razón Chousa agora son elas as que din o piropos. Digo "elas" porque a min xa non me aquece e iso que moitas veces quedo coas ganas, pero teño medo que me chamen vella verde.
Bicos

 
Ás 18/10/10, 01:00 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pois eu penso que a pintada é unha xeneralización: algún "pepe goteras" lle fixo unha andanada e coa pintada quedouse a gusto!

Dilaida un privilexio que temos coa edade e poder dicir o que nos dea a gana (cando se é nova hai que ter tino, que pode pasar coma co chiste do gorila, pero agora podemos confiarnos, jeje)

 
Ás 18/10/10, 12:44 , Blogger Mer dixo...

Para mín o mellor piropo, ou polo menos máis orixinal que escoitei xamais, foi aquel que nos adicaron á miña irmá e máis a mín uns rapaces que pasaron ao noso carón nun pobo Coruñés chamado Santa Comba:
- Carallo que ben arresenden! estas non veñen de muxi-las vacas...

 
Ás 18/10/10, 21:02 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

O que di Chousa lémbrame algo que xa dicía o meu pai, referíndose ao que cambiou a vida: "Aghora non se tiran as escopetas aos paxaros, tíranse os paxaros ás escopetas"...
E tamén me lembra a un home que traballaba na fábrica na que estiven uns anos, que adoitaba confundir algúns ditos e frases, e dicía: "son unos hijos de putas"... Tamén é certo que saudaba ás veces dun xeito peculiar (para referirse a un mozo, moito máis novo ca el): "como te lo llevas, children".

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio