leoeosseus

venres, 22 de outubro de 2010

Vir a peixeira


Coas orellas abertas sempre aprende un. O outro día sentín nun hospital a un vello falar: " Aínda non vén a peixeira por min ". Nunca antes oíra esta expresión tan curiosa para referirse á morte.
Coñecíala ti ?.
A foto está collida da interrede e retrata unha peixeira en Nazaré.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 22/10/10, 22:59 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois eu nunca a escoitara tampouco!
agora que se a morte fose tan bonita coma a peixeira da foto, moitos guionistas de pelis de medo ían quedar sen traballo!

 
Ás 22/10/10, 23:00 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ir coas orellas abertas aporta moita sabedoría. É un xeito de acadar títulos na Universidade da Vida.

Nunca escoitara a frase, pero supoño que por estas "terras do medio" imaxino que é normal. Aquí decíase máis "o da gadaña".
Por certo, a foto lembroume algunhas de Ruth Matilda Anderson.

Apertas

 
Ás 22/10/10, 23:16 , Blogger fonsilleda dixo...

Sóame de lonxe. De calquera xeito, outro nome para a morte que, ademais suaviza o significado.
Demasiado fermosa paréceme esa pescadora; as de Nazaré, son moito máis especiais, por iso son típicas: saias curtas de moito voo, nos pés unhas chanclas imposibles de levar, só elas...

Bicos




Bicos.ame de lonxe. De ca

 
Ás 22/10/10, 23:49 , Anonymous Harmonía dixo...

A fotografía é espectacular! Gústame moitísimo.
A min a imaxe recordoume a "La dama del alba" (de A. Casona).
O comentario de Zeltia, tróuxome esta lembranza: cando a miña avoa paterna era xa moi velliña, cada vez que se sentía un pouco maliña e se daba conta de que ía perdendo as forzas, dicía:"mirade, eu se vexo a morte aí na cima das escaleiras, nin me movo, non lle teño medo ningún!" Mais, cando de verdade se atopaba enferma, axiña pedía:"ides ter que me ir buscar o médico, e que non tarde..." Se conoce que a miña avoa, non imaxinaba que a morte fose tan bonita coma a da foto.
Nunca oíra esa expresión, e iso que vivín varios anos á beira do mar.

 
Ás 23/10/10, 15:15 , Blogger Dilaida dixo...

Pois a verdade que nunca oíra tal, pero sempre é bo levar os oídos finos para así aprender cousas, como fas ti.
Bicos

 
Ás 23/10/10, 18:32 , Blogger Unknown dixo...

Non a coñocia, gustariame saber se hai algunha lenda detrás.Vou ver na red...xa te contarei!

Bicos

 
Ás 23/10/10, 20:53 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Non coñecía esa expresión pero ten moito aquel. E a foto é fermosísima: a peixeira parece unha modelo.

 
Ás 24/10/10, 07:53 , Blogger Alís dixo...

Non o escoitara, pero ten moita lóxica.
E vou levarlle a contra a Zeltia, porque penso que sendo así de bonita (a foto é unha pasada) da máis medo, porque é máis perigosa. A ver quén non cae...

Gústame andar por aquí "coas orellas abertas"

Unha aperta

 
Ás 24/10/10, 10:39 , Anonymous Acuática dixo...

Non sei se coñecía a expresión, penso que non. A min teme reminiscencias relixiosas, o peixe foi unha das primeiras representacións dos crisitanos, se cadra porque moitos dos apóstoles eran mariñeiros...

En todo caso, unha vez máis a morte é identificada cunha muller.

Sobre a foto, está todo dito, e o certo é que Nazaret aínda é un fermoso pobo, enq ue se poden ver fotos tan fermosas coma esta e visitar un museo que teñen na parte alta en que as artes de pesca e as súas xentes son protagonistas.

 
Ás 24/10/10, 15:27 , Blogger xenevra dixo...

Canta se aprende nos hospitais, nas salas de espera, nos bancos do parque. Canto se aprende dos maiores que temos preto e que tantas veces ignoramos.

 
Ás 26/10/10, 16:47 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois nunca antes a ouvín.

interesante.

bicos,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio