leoeosseus

Friday, 12 November 2010

Casa da anta VS casa de antes



Para construir unha casa da anta ou dolmen tés que ter un camión cunha pluma, uns cartos que che sobren, unha pedra que dea o pego e un gusto especial.
Para construir unha casa de antes tés que ter un respecto polo antigo, uns cartiños pero non tantos, conservar o material de antes e tratar con gusto e cariño o entorno.
As dúas casas son veciñas, unha dunha beira do regato e a outra da outra beira.


Labels:

10 Comments:

At 12/11/2010, 14:34 , Blogger zeltia said...

un gusto especial di...

[paideleo, ás veces gustaríame ir pendurada da túa mirada]

 
At 12/11/2010, 15:27 , Blogger Chousa da Alcandra said...

En Antas temos casas de antes (e algunhas son de agora).

[ten tino, non movas moito os ollos, que pode caer Zeltia]

 
At 12/11/2010, 16:51 , Blogger Ana said...

Encántanme as casas de antes, reparadiñas y coidadas. En Portugal hai un estilo que tamén me gusta moito, son esas casas con ventás moi altas, con os marcos decorados. Mais as mais bonitiñas son as de pedra e madeira.E por esta Galicia nosa hai moitas. ¿O meu soño? Reformar una delas!

Bicos

 
At 12/11/2010, 19:55 , Anonymous A nena do paraugas said...

As casas de antes teñen un encanto especial. O malo é que en moitas aldeas xa non queda xente que as manteña en pé, en bo estado. Ou non queda xente, que é o malo.

Saudiños

 
At 12/11/2010, 21:41 , Blogger Alís said...

Claro, especial non significa bó.

Gústanme as casas de antes. Gústanme moitas cousas de antes. Non sei si iso é bó ou non, pero é o que hai.

Bicos

 
At 12/11/2010, 21:57 , Blogger Kaplan said...

Aínda ben, porque teño visto por esa zona (e o Berbés e o Barbanza) terroríficas casas-partenón, con frontóns e columnas a eito.

 
At 13/11/2010, 01:40 , Blogger xenevra said...

Oxalá nunca se perda o amor polo noso, polo que nos conforma coma pobo, polo que nos dá as nosas raiceiras.

 
At 13/11/2010, 13:17 , Blogger fonsilleda said...

Pregúntocho outra vez. ¿Cómo o fas?.
Non sabería con cal desfeita quedarme si tivera que votar.
Bicos.

 
At 13/11/2010, 17:24 , Blogger Bolboreteira said...

Quédome coa casa de antes, e aque máis me gusta.
Bicos!

 
At 15/11/2010, 21:04 , Blogger Aldabra said...

Vai dous estilos tan diferentes, mimadriña, son bastante chocantes, a verdade. Eu quédome coa foto primeira, porque o Villa San Simón prodúceme picores.
Biquiños,

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home