Chocolatina Leo
Esta quincena traballo de tarde e estou pouco tempo co Leo e chego case a esquecer o faladeiro e simpático que é. O outro día foi a un circo e explicou o que había. Explicouno tan ben que a bisavoa Celia dicía que xa valía para falar na televisión. Fíxome gracia cando falou dun funambulista que ía en bicicleta por unha corda no teito. Eu díxenlle a Leo: " E ese home non tiña medo de cair ? " e o Leo dixo todo cheo: " Tiña medo que tapou os ollos cunha venda ".
Na foto sae retratada unha chocolatina co nome Leo que non é invento meu. Será polo dóce ?.
Etiquetas: leo VII
9 comentarios:
Sería unha reacción normal, aínda Leo non sabe que segundo imos medrando, imos complicando máis as cousas e tapamos os ollos cando deberiamos telos ben abertos.
Bicos
Eu pampo con estas cousas dos rapaces...ven un mundo maravilloso.
Bicos!
dios, hai que andar cun coidado hoxe... están os chans esvaradizos polos blogues... todos cheíños de babas...
:D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D
todoes eses sorrisos son para o Leo, eh!!
Pois non pensara niso, pero non deixa de ter razón o Leo. Os nenos, cando algo lles da medo, tapan os ollos para non velo. E si non o ven, non está.
Pode ser que os funambulistas non tapen os ollos para dar emoción ó seu espectáculo, senon para non ver a altura. Convenceume.
Bicos para os dous
Teñen unha lóxica que arrasa pola súa simpleza e contundencia.
Apertas
Xa nos gustaría ter a lóxica deles e a súa simplicidade. Para nós xa están vedadas.
Mil hurras para o Leo polas súas ocorrencias e a simpatía que emana. Aproveitade, que esta idade é irrepetible: todo tenrura e orixinalidade.
Moitas apertas
As crianzas dannos sorpresas coma esta que describes: con catro palabras expresan todo un mundo!
Saúdos.
Esta frase deberías mandala para o programa “El hormiguero”, no que están recopilando frases divertidas de rapazolos pequenos, porque a do teu Leo non ten desperdicio. Ten moita lóxica, ademáis… je je je.
Biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio