Cincuenta meses ( e dous días )
Non esquecín o mesario, non. O que pasa foi que o sábado estivemos de matanza todo o día e onte foi un día complicado cun cumpleanos de mañá e unha actuación frustrada de " mamá cabra " e tiña que escribir sobre a matanza antes que a esquecese.
O Leo segue adiante coa leitura e escritura e gústalle xogar coas letras e os números. Conta para atrás dende o dez coma se fose mesmo un traballador da NASA e para adiante conta en español e galego ata o dezaseis que a partir de aí ata o trinta só o sabe en galego. En inglés conta ata o dez e sabe cores e unhas cantas cousas. Empeza a distinguir días da semana e rotinas. Le cousas sinxelas e lembra cousas curiosas como o número de DVD da Pantera Rosa que mirou dous ou tres días atrás ou cando esperta que enlaza a última conversa da noite anterior. Come bastante ben e vai deixando atrás tanto chocolate. Bebe bastante anque non lle apetece muito a auga e nada o leite. É complicado sacalo da casa e cando sae e vai a outro sitio non quere moverse de alí. Segue xogando e falando só e faino en castelán. O amigo invisible Jónistan segue presente. No galego mete muito verbo composto que semella o galego do Val de Ellas en Estremadura. Na piscina pásao ben e ten que levar o gorro de peixiño coas orellas de fóra e as goggles postas no alto da cabeza. Segue simpático co seu falar e di " nesito " no canto de " necesito " , " traír " por " traer ", " roxo " por convinción propia, " júbol " por " fútbol ", etc. As formas irregulares dos verbos seguen en danza.
E que prosiga !.
Etiquetas: leo VII
10 comentarios:
felicitaciós.
bicos,
E que prosiga!!! :)
Así cheiño de saude e ledicia. Xa fai un tempiño que sigo o teu blogue e vexo os progresos do pequeno Leo, e como vai crecendo...
Unha das cousas que mais me gusta son eses olliños de Leo que rezuman felicidade :)))
Biquiños para el :)
Felicitacións a Leo polos seus progresos. Algunhas veces póñome a pensar na sorte dos nenos de hoxe en día...Galego, inglés...Bueno, os nosos tempos eran outros
Un saúdo e grazas.
Qué apresa medran e evolucionan... tan juapismo!
Bicos para os dous!
Alédame ver o crecimento do Leoziño, e o tempo que levo seguindolle.Esta feito todo un home!
Bicos e outro para Leo
...que proseguirá, téñao por certo!
Á señorita Kaplan non se lle esquecen os capítulos que vimos das series nin as cousas que un lle di nin as conversas que escoita: é coma unha gravadora vivente.
Bicos para todos, felicitacións para Leo.
Avoa Cris
Parece que da pena que crezan tan rápido, pero a verdade é que cada etapa ten o seu encanto. Non deixan de sorprender (a miña cumpríu hai pouco 58 meses).
Disfrútao moito e que siga crecendo con esa cara de felicidade
Bicos para os dous
Como siga medrando así, para a próxima xuntanza blogueira lévate él a ti (e a naideLeo) no cocheciño polo sobreiral arriba...
Víñache dicir non sei qué do leo, aparte de guapo e grande :D
cando quedei flasheada co sentido do humor negro do Chousa!!! jaja, pois ese camiño seguiremolo todos sobreiral arriba, ainda que non sexa o no sobreiralllllll do anergoooooooo
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio