Deberes para o Leo
Estamos todos na rutina do traballo e estudios e o Leo non ía ser menos. Agora mándanlle do cole todas as semanas un conto para casa. Temos que lerllo e logo el ten que escribir o título, a data e debuxar algo relacionado ( como a pata do lobo asomando por debaixo da porta ). O Leo prospera bastante para o meu entender e coñece todas as letras e le sílabas sinxelas. Escribir é máis difícil e así o " s " faino sinuoso de máis e escribe algunhas letras para o lado contrario ( non sei se será por ser zurdo ).
Pero, bueno, ninguén aprendeu a ler e escribir nun día.
Etiquetas: leo VII
14 comentarios:
¡Ben por Leo!
Un dia contereille un conto, sí señor.
Un conto dun can, moi fiel.
Vaia, xa temos ó Leo facendo deberes!!!!
e tí non queiras ir tan rápido que ainda non lle é tempo de saber ler!
Vaia, xa ten responsabilidades Leo, esta sociedade non perdoa.Un biquiño para Leo por ese debuxo tan bonito.
Bicos
Mellor que vaia aos pouquiños. Os trazos están moi ben e o dbuxo é moi simbólico...
Parabéns a Leo polos seus avances. E paciencia para o papá e a mamá.
Encántame o dibuxo, moi divertido o que sae o entra por baixo da porta porque para mín que eses puntito que se ven son os sete cabritos.
Respecto do fotógrafo Virxilio, chámame a atención (sempre o fixo) a costume de enviar retratos dos mortos ós familiares emigrados, o feito paréceme o algo retorcido si o penso desde a miña perspectiva de agora porque é verdade que a morte, antes, e agora nos pobos, víase como algo normal, aceptábase con naturalidade, non se lle tiña medo. Biquiños.
Boa idea que os nenos lean e segundo o que entendan, desenvolvan a súa creatividade, paréceme fantástico. Gústame o debuxo, e chámame a atención como quixo pintar o que se cola por debaixo da porta.
Felicidades a Leo.
Grazas.
Eu, coma sempre, ben parva, dinme conta canda o lin da patiña por debaixo da porta.
¡Ben por Leo!, sinxelo y palpable.
O das letras, é ben común nos rapaciños o empezaren a escribir.
Así que, xa lle pasará.
Bicos.
Moi orixinal como aprobeitou o cadrado..Listo o rapaz.
Bicos!
Que enxeñoso o debuxo, usar as liñas da páxina como paredes...
E efectivamente, ninguén naceu aprendido, déalle tempo e as letras sairán como cómpre.
(e tamén eu o digo: ditosiños deberes)
Mais Leo... ten catro anos! daquela é moi espilido. Cando comprobei a data do seu nacemento non me estrañou nada, eu tamén nacín nunha data próxima á del, e escribía con tres anos (cousas da miña nai, que se paraba comigo).
Parabéns a Leo e que siga así.
Estes mestres...sempre poñendo deberes tamén para os pais/nais!!!
Pois eu vexoo moi espabilado, olla que poñer a pata do lobo demostra imaxinación e creatividade.
As letras ó revés e ós números é normal, a miña nena fai igual e ten 6 anos. Agora xa se da conta e corrixeo. Con Leo pasara o mismo,xa verás!
Bicos
¿Que tal ves o meu galego, va mellorando,non?
Xabres: será benvido ese conto. E máis se sae un can.
zeltia: si, tamén me extrañou a min pero será o sistema actual de ensino así.
Por suposto que aínda non é o tempo pero está aí a un paso.
Dilaida: empeza a ter responsabilidades e protesta se non o facemos ben: el e nós.
Gustoulle pintar de branco a pata do lobo con brillante porque branco con branco non se mira.
Desde a gaiola: claro que si !.Non hai apuro ningún. Sen présa pero sen pausa, anque soe mal.
Aldabra: pois non,non hai cabritos; é a pata do lobo pintada con brillantina coma se fose fariña.
Antes querían máis probas e serían máis desconfiados e así mandaban esas fotos ( eu aprendino na exposición ). A morte antes era máis habitual, bueno, morte, nacemento e todo que se facía todo na casa.
Fernando Sancho: eu coincido contigo. Cos contos traballan xuntos os pais cos rapaces e con eses deberes van entrando na dinámica de traballar un chisco.
fonsilleda: é normal porque é mui pequena. A min tamén me explicou o que quería debuxar e así saqueino eu.
Alédame de que sexa normal esas indecisión ao escribir letras.
Bolboreteira: está acostumado dende hai tempo a facer casas con lápices de cores no chan e supoño que vería nese cadrado a casa que quería debuxar.
Kaplan: aproveitou as liñas ou creu que eran parte da casa, non sei.
Tranquilo que xa lle damos tempo. Iso é o que lle sobra !.
acuatica: xa van catro anos, si.
Creo que a facultade de ler e escribir témola aí e hai que desenrolala apropiadamente como fixo túa nai.
Chousa da Alcandra: e fan ben que neste barco temos que remar todos, ou como é ?. Ademáis gústame.
Ana: eu noto que prospera, sobre todo á hora de ler.
Si,semella ser normal iso de confundir o sentido de letras e números e xa estou máis tranquilo.
O teu galego vai mui ben. Mil veces millor ca o meu portugués.
Xenial esa pata por debaixo da porta. E qué ben que lles fomenten o amor pola lectura, aínda que é moi noviño para ter deberes. Mentras sexan divertidas, aínda menos mal, pero non me extraña que lle collan manía á escola
Felicidades, papá, por un fillo tan inxenioso
Bicos
Ah, a miña filla (4 anos) tamén escribe ás veces algunha letra e algún número do revés e non é zurda.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio