Insultos
O outro día descubrín de casualidade unha ligazón onde saen insultos en galego. Comprobei con sorpresa que un dos sinónimos de cachazudo é paideleo.
Así que me vou pór en plan Shinchan e tamén vou inventar un insulto e vou ampliar a lista con insultos que coñezo eu.
Apana: sinónimo de marrecas, monxa, borboleta, mangoeira, lapacricas, flatosa, fervellica, fachada e salgarita.
Non está nada mal para un prosma, mortenegra e cachazudo, eh ?.
Postdata: non borro este posteo porque non teño costume de facelo pero metín a zoca e non pouco e aclároo no seguinte posteo.
Síntoo e non pouco.
Etiquetas: interrede VI, lingua VI
3 comentarios:
Explícate máis "túzaro", que así non hai quen te entenda.
Haille que por o significado ao lado en cada termo, que senón iso parece inghlés...
Pois se vai de pexorativos, xa sabes que niso o noso idioma ten unha riqueza moi importante.
pois seica xa tiñas ti recursos dabondo para a tradución dos Mortadelos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio