leoeosseus

Thursday, 18 November 2010

O fotógrafo Virxilio


Hoxe visitei a exposición fotográfica de Virxilio Viéitez no MARCO de Vigo e aprendín máis del. A sua filla descubriu unhas latas con negativos onde fora parir unha gata e dentro topou unhas obras de arte inéditas. Virxilio botou anos retratando a xente de Soutelo de Montes e arredores en muitos aspectos da vida diaria. Facía retratos para o carné de identidade cun fondo branco como o que sostén esa muller tan risoña. Retrataba mortos para mandar fotos aos familiares emigrados que se non miraban a foto non crían o que dicían as cartas. Retrataba xente na rúa e quería que a foto fose nítida. Tamén retratou xente no bar, no campo, no baile, en vodas, primeiras comuñóns, en romarías e festas, etc. Virxilio especializouse tanto no retrato e era tan coñecido na zona que os seus retratos resólvense carregados dunha humanidade especial.
Virxilio como fotógrafo gustoume pero como persoa semellaba ser humilde e traballador e nunca na súa vida soñara con coñecer personalmente a un fotógrafo como Cartier Bresson e ser espectador dunha exposición das súas propias obras.
En fin, gustoume todo.

Labels:

7 Comments:

At 19/11/2010, 05:48 , Blogger zeltia said...

Eso de fotografíar os mortos, impresiona.
nON souben dese costume até que vin "Los otros"

Esas fotografías sí que son retratos. Érano no seu tempo, e sono agora, retratos dunha época. Dus costumes, dun xeito de vivir.
Eu podería estar dias remexendo en fotografías antiguas.

 
At 19/11/2010, 10:44 , Blogger Dilaida said...

Na casa da miña bisavoa, na súa habitación,tiña un cadro dunha muller con pintas de estar morta. Ela dicía que era a súa nai, pero a min aquela foto dábame moito medo, a muller estaba sentada nunha cadeira e apoiada nunha mesa, cos ollos pechados.
Estupendas as fotos de Virxilio.
Bicos

 
At 19/11/2010, 20:02 , Blogger Chousa da Alcandra said...

A fotografía antiga ten unha forza especial. Seguramente polo que nos trae de lembranzas.
A min chámame moito a atención eses bordes cortados en "puntillas" que adoitaban ter.
Se un día vedes por algunha feira a Santi non deixedes da saudalo. É un veciño de Antas (magnífico fotógrafo e mellor persoa) que sigue tentando capturar os instantes con alquel mesmo arrecendo.

Apertas

 
At 19/11/2010, 20:05 , Blogger busto.agolada said...

O detalle, o toque de orixinalidade da foto que publica reside na señora que está sostendo a saba branca. Ela non era o motivo central pero Virxilio Viéitez deulle o protagonismo (cómo se construía un fondo branco, un decorado espontáneo, cándido, inocente e tan auténtico).
Gústame que descubrisen no cotián de Virxilio a arte, a esencia do popular, do costumismo, da vida que latexaba nos pobos e nas aldeas.
Gustaríame ir ao Marco a gozar desas imaxes.
Apertas e biquiños para o Leo.

 
At 20/11/2010, 15:23 , Blogger Mer said...

Estes fotógrafos da rúa, de sempre, teñen fotografías ben merecentes dun bo premio.
Por certo, o neno da foto non serás tí, ¿ non? Digo porque tén un aire co Leo.
Apertas.

 
At 20/11/2010, 21:48 , Blogger Alís said...

Encántanme as fotos antigas. Falan, contan historias, narran a época, as circunstancias, as vidas. Non sei si porque os que retratados tiñan pouca experiencia en pararse frente a cámara e por iso lles costaba máis "posar", disimular quen eran, pero nas fotos antigas a palabra retrato cobra maior significado.

Disfrutei o enlace

Bicos

 
At 25/11/2010, 22:13 , Blogger paideleo said...

zeltia: impresiona, si. Eu aprendino nesta exposición que non tiña nin idea do motivo de fotografar así os mortos "posando" coa familia.
A min encántame a foto antiga. Creo que é polo dominio do gris que nos fai fixarnos para ver que descubrimos.

Dilaida: eu tamén tería medo. De pequeno todo aquel que non sorría nunha foto ou non abra os ollos mete medo.
Encantáronme porque eu tiña outra idea da súa obra.

Chousa da Alcandra: lembranzas e persoas e cousas que desapareceron.
Se atopo a Santi seguro que o saúdo.

busto.agolada: si, o papel protagonista róubao unha secundaria.
Non perdas a exposición.

mer: son uns artistas.
Ten un parecido comigo, a roupa e o peiteado da época pero non son eu.

Alís: a min tamén.Para min sería un soño retroceder cen anos e ir coa cámara dixital e pilas e tarxetas bastantes: fartaríame de fotografar todo !.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home