Quen lembra ?
Quen lembra que un día coma hoxe hai nove anos o mar rompía en dous o petroleiro Prestige ?.
E quen lembra que a raíz diso o alemán de Camelle sufriu ata morrer de alí a pouco ?.
Quen pensa nas mil voltas que deu ( e dará ) para adiante e atrás o museo de Man ?.
Quen lembrará dentro de nove anos que o temporal destes días atrás desfixo practicamente a obra de Man ?.
Postdata: onde pon nove anos é oito anos. Graciñas, Alís.
Etiquetas: curiosidades VII
14 comentarios:
O tempo fai esquecelo todo así que haberá que darlle publicidade a túa entrada para refrescala memoria.
Parece que o mar segue enfadado con nós, e non facemos nada por evitalo. Parece que non queremos ser cosncientes de canto lle debemos. Seguimos indo de costas.
É unha mágoa pero a natureza é así.
Tornou o verdadeiro dono ao seu fogar
A traxedia, ademais do naufraxio, a marea negra e a iniquidade das autoridades do PP na altura, foi a morte do pobre Man.
Morto el como morreu, o seu museo talvez careza de sentido. O mar está recuperar o seu diante da indiferenza dos homes.
Ainda somos algúns os que lembramos.
A Man e a todo o demais.
Bicos.
Ainda non oira nada do "aniversario" da traxedia do Prestige. E xá pasaron 9 anos, a mim pareceme que foi anteonte...
Bicos
Eu lembro moito o afundimento do Prestige polas súas consecuencias...
pero sobre todo porque eu estaba de 8 meses e medio de Uxía e Xesús estaba ingresado no Xeral con meninxite.
Por sorte as dúas cousas resolveron ben, pero sempre irán unidas a ese afundimento.
Sendo como son de terra adentro, nunca esquecerei aquela cadea de erros tan tremendos, aquel cuspirlle ó mar co vento en contra, aqueles "pequeños hilillos". Imposible esquecelo. Nunca Máis.
(Como pasa o tempo)
o de Camelle dame peniña, pero é case unha nostalxia dun pasado: unha persoa que fixo dun lugar a sua forma de vida, e morto él, a súa obra esmorece, tampouco foi feita para perdurar...
pero o do Prestige é moi diferente, esquecerá unida a cadea de intereses, erros e desidias que os gobernos e autoridades, co noso consentimento, acugulan...
e mentres, os recursos naturais a desaparecer,o planeta tamén a morrer, nesta similitude co alemán de Camelle...
Así che é a vida ...
Bicos
É unha mágoa que a obra de Man se destruíse, primeiro con chapapote e logo pola forza da auga. É coma se o mar non soportase ver tanto traballo estragado pola negrura e quixese borralo para sempre.
Esquecer o Prestige? Hame resultar difícil. No corredor da casa teño tres fotos que mo lembran a cotío e que están presentes para quen entra nela, pois penso que o dano feito á natureza foi tan grande, como grandes as mentiras que se contaron daquela.
Eu lembro. Por moitas razóns non esquecerei nunca aqueles días de hai OITO anos. Qué rápido pasa o tempo e qué feble volve á memoria.
Pois mira, o do Prestige líno nun blog, e teño que decir, para seres franca, que non o recordaba. E o de Man, tamén o lín nun blog. Deume mágoa. Eu nunca estiven en Camelle e si algún día vou xa non será igual coñecer ese lugar, con Man, sin Man, e sin ningún rastro da obra de Man.
Eu, máis que lembrar, temo. Cos temporais destes días, non me pasaba outra cousa pola cabeza que «xa logo lle debe de tocar outra vez». A ver se non.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio