Cincuenta e un meses
Aí está representado o Leo no seu prebe: contente e escribindo palabras. Leva unha boa tempada interesado en facer números e palabras e ledo. O malo foi estes días que empezou no día de Nadal con febre que desaparecía a base de Dalsy ata outra vez que volvía. Onte tivemos que levalo a urxencias e non lle toparon nada especial así que hai que seguir con Mucosán para os mocos, Dalsy para a febre e Rhinomer para desfacer os mocos que Leo non sabe soplalos e esa auga de mar depurada con flis límpalle o nariz.
Papa Noel portouse ben e estivo en muitas casas e así levou un xogo de instrumentos musicais co seu triángulo desexado incluido, un coche cangreburger de Bob Esponxa, un caneco de Bob Esponxa, un aparcamento de coches, uns contiños da Casa das Fadas e unhas figuras dun Happy Town.
Agora falta saber se lle trae algo o Apalpador e os Reis e a ver se millora da saúde que é o primeiriño.
Etiquetas: leo VII
11 comentarios:
Seguro que vai mellorar de saúde, é normal neste tempo que os nenos anden con catarros e griposos.Leo está moi guapo.
Bicos
O Leo vai millorar, ten que facelo por O Apalpador e os Reis.
Vaise poñer ben.
Bicos.
Os nenos teñen unha capacidade tremenda para poñerse maliños pero tamén para recuperarse moi axiña.
Seguro que para a noitevella xa non haberá que brindar con Dalsy
Apertas
¡Lástima que o Leo estivese maliño! Espero que a estas alturas xa vaia recuperadiño para que poida disfrutar de todos eses xoguetes. Biquiños,
Son tempos de resfriados. Espero que a estas alguras Leo xa estea ben e collendo forzas para disfrutar os regalos do Apalpador e os Reis Magos
Bicos para os dous
Ben, é o que teñen as crianzas. Tan pronto están ben e cheas de enerxía, coma tiradiños na cama cheas de febre! Pero Leo é forte, así que verás como entra no Aninovo pisando forte!
Bicos e feliz entrada no 2011!
Con isto dos meses, teño que andar a contar polos dedos, e que rápido pasan os meses, incluso os anos!, e xa o Leo vese tan grande!
Na foto dende logo non parece maliño... está ben guapo e con cara saudábel. Repoñerase enseguida xa verás.
Bicos para os dous.
e eso do touro que andivo a correr polas rúas foi cerca de onde ti estás?
Este ano Papa Noel ademáis de regalos trouxo catarro para os nenos, os dous que teño na familia están igual que o Leo..pero tampouco lles faltan xoguetes.
O Leo está feito un mozo.
Bicos !!
O Apalpador ten algo para Leo na nosa casa.
Bicos
Avoa Cris
Da saúde claro que vai mellorar, aínda que o medo non o quitan os pais así como así: parece que lendo o post estivese a ler a historia da miña hai uns anos, mucosan, dalsy e rhinomer incluídos.
Por aquí o Apalpador tamén foi xeneroso, pero agora ela xa está a pensar nos Reis.
Feliz 2011 para toda a familia!
O neno está ben guapo, e o dos jarabes eu xa estou afeita, o noso entre a gorxa os oidos e a tose xa non sei cantos jarabes levamos, cheguei a conclusión de que deben alimentar, o caso é que melloren e a febre non suba moito.
E cos xoguetes xa veremos a ver onde nos imos meter...
Saúdos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio