Cincuenta e dous meses ( e tres días )
O Leo continúa dando pequenos avances. Volveu coller o peso despóis dunha tempada con mormeiras, febres e mocos. Tamén lle colleu gusto á bicicleta e vai prosperando dende a primeira vez que tiña medo a chocar coa xente e se botaba ao chan en marcha. Onde non semella estar á gusto é na piscina onde chora bastante. El di que é polo frío e porque lle botan auga aos ollos pero tamén ten medo a caír e a que o solte a monitora facendo exercicios. As alturas, os cans e non ser capaz de facer algo son os seus medos principais.
Iso si, gústalle o cole e todo o que teña que ver coas letras e os números e xoga muito a ser profesor.
E aquí deixo un vídeo de Leo debuxando e montando historias coas personaxes de Fondo de Bikini.
Etiquetas: leo VII
5 comentarios:
Este inverno está a ser duro para todos. Levántome cedo polo meu horario de traballo é pódoche decir que cando vai este frío, acórdome moito do sol das Canarias, jajajaja.
En canto a Leo, vese que é un rapaz desperto, faime gracia como comenta no video que lles salíu pelo os seus dibuxos, ajajaja.
Cando eu era pequeno, a min tampouco me gustaba moito a auga, precisamente polo mesmo que a Leo, porque me entraba nos ollos. Supoño que os medos que ten Leo son os medos que tivemos todos cando éramos cativos. A medida que medre, xa lle pasarán. O máis importante é que lle guste o colexio, as letras e os números.
Saúdos.
O Leo vai ter boa man esquerda, xa verás.
E iso do medo a non ser capaz de facer algo...xa o podían ter os políticos!!
Apertas
Aiss! Cómo medran é unha marabilla ver como prgresan.
bicosss
É normal, tanta auga desacouga un pouco. Biquiños.
e gracioso oílo falar.
Jajajajajaja. Experto en pelos xa semella que é o Leo.
Para o demais, haberá que deixar que corra o tempo, pero apunta maneiras.
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio